Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 26 de abril de 2002 Páx. 5.883

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo do sector de rematantes e serradoiros de madeira da provincia da Coruña.

Visto o expediente de revisión salarial do convenio colectivo do sector de rematantes e serradoiros de madeira da provincia da Coruña, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 15-3-2002, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Rematantes y Aserradores de Madera (Apralco), e da parte social polas centrais sindicais UGT, CC.OO. e CIG o día 29-1-2002, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo depósito do citado acordo no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 20 de marzo de 2002.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Acta da comisión paritaria para a sinatura das táboas salariais do ano 2002, do convenio da industria da 1ª transformación da madeira (rematantes e serradoiros) da Coruña

Asistentes:

Parte empresarial:

Ramón Romero Quintáns.

Benito García Sánchez.

Manuel Piñeiro Esperante.

Parte sindical:

UGT: Juan Carlos Tubío Redondo.

CC.OO.: Aurora Iglesias Couselo.

CIG: Vicente Moreiras Sobrido.

En Santiago de Compostela, ás 16.30 horas do día 29 de xaneiro de 2002, reúnense os compoñentes da comisión paritaria do convenio colectivo provin

cial de serradoiros e rematantes da madeira da provincia da Coruña, para proceder, dándolle cumprimento ó pactado nos artigos 31, 32 e 33 do convenio vixente, á revisión e confección das táboas salariais correspondentes ó período abranguido desde o 1 de xaneiro de 2002 ata o 31 de decembro do mesmo ano.

Reunidas ámbalas partes, procédese á revisión salarial do período do 1 de xaneiro de 2001 ata o 31 de decembro de 2001 e á confección das táboas salariais correspondentes ó ano 2002.

Debatido entre as partes presentes o contido do artigo 32 do convenio vixente, acórdase que a súa interpretación garante unha revisión salarial de incrementar en 0,75 puntos o IPC real. Desta maneira, a revisión das táboas salariais e axudas de custos correspondentes ó ano 2001 serán realizadas a partir das do ano 2000 incrementadas en 3,45 puntos, correspondentes a 2,7 puntos do IPC real do ano 2001 máis 0,75 puntos. E en aplicación do artigo 31 do citado convenio, increméntanse as táboas e axudas de custos do ano 2001 xa revisadas en 2,75 puntos, correspondentes a 2 puntos de IPC previsto para o ano 2002 máis 0,75 puntos e ó salario, ademais, incrementaráselle a cantidade de 6,87 euros en concepto da perda de antigüidade, establecendo con estas operacións as táboas salariais e axudas de custos do ano 2002, tal e como aparecen reflectidas no anexo que se lle xunta a esta acta.

En canto ó artigo 33, acórdase revisa-las axudas de custos e desprazamentos nun incremento igual ó IPC real do ano 2001, que se situou en 2,7 puntos.

E sen máis asuntos que tratar, levántase a sesión, ás 18,30 horas da data arriba indicada, asinando, en sinal de conformidade, a totalidade dos asistentes.

ANEXO

Táboas salariais para o ano 2002

Grupo

profesional

Nivel

salarial

Salario

mensual

Cómputo

anual

Atrasos

ano 2001

ITécnico proxectista680,92 A10.548,57 A67,10 A

Perito665,19 A10.328,35 A65,64 A

ATS665,19 A10.328,35 A65,64 A

Xefe administrativo 1ª680,92 A10.548,57 A67,10 A

Encargado665,19 A10.328,35 A65,64 A

IIDelineante649,42 A10.107,57 A64,18 A

Jefe administrativo665,19 A10.328,35 A65,64 A

IIIAuxiliar analista635,77 A9.916,47 A62,93 A

Oficial administrativo 1ª649,42 A10.107,57 A64,18 A

Oficial administrativo 2ª635,77 A9.916,47 A62,93 A

Auxiliar administrativo621,10 A9,711,09 A61,57 A

Oficial de 1ª649,42 A10.107,57 A64,18 A

Oficial de 2ª635,77 A9.916,47 A62,93 A

Axudante621,10 A9.711,09 A61,57 A

Peón especializado608,57 A9.535,67 A60,42 A

Peón593,34 A9.322,45 A59,01 A

Ordenanza593,34 A9.322,45 A59,01 A

Garda e vixilante593,34 A9.322,45 A59,01 A