Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 26 de abril de 2002 Páx. 5.880

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2002, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena o rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo de editoriais para o ano 2001.

Visto o texto para a revisión salarial do convenio colectivo de editoriais, que subscribiu a comisión mixta paritaria do convenio colectivo de editoriais o 6 de febreiro de 2002, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e o artigo 2 do Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

A Dirección Xeral de Relacións Laborais

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición da devandita revisión salarial no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remiti-lo texto orixinal ó correpondente servicio deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2002.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais

A comisión mixta paritaria do convenio colectivo, na súa reunión ordinaria celebrada o día 6 de febreiro de 2002 adoptou o seguinte acordo:

1. Actualización das retribucións salariais do ano 2001, motivada pola diferencia entre o aumento do 3% realizado no ano 2001 e o IPC real do ano 2001 calculado para Galicia polo Instituto Nacional de Estatística, 2,6% máis 0.5%.

Consonte os artigos 7.3º.1 e 7.3º.2 do convenio colectivo galego de editoriais establécese que:

Con efecto retroactivo ó 1 de xaneiro de 2001, a comisión mixta paritaria acorda proceder á actualización do salario base e do complemento lineal do convenio, consonte a táboa salarial anexa.