Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 24 de abril de 2002 Páx. 5.664

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EMIGRACIÓN E COOPERACIÓN EXTERIOR

ORDE do 17 de abril de 2002 pola que se regulan programas de axudas e subvencións de apoio infraestructural ás comunidades galegas no exterior para o exercicio 2002.

En execución da Lei 4/1983, do 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade, a orde da Consellería

de Emigración e Cooperación Exterior do 29 de xaneiro de 2002 establecía e regulaba programas de actuacións, axudas e subvencións a favor dos galegos residentes no exterior para o exercicio 2002, contemplando, con cargo ó orzamento inicial do citado exercicio, distintos programas de carácter asistencial, especialmente dedicados ós galegos emigrantes de maior idade e en situacións de precariedade ou necesidade, así como outras accións de formación, culturais, xuvenís ou recreativas que posibilitan o exercicio efectivo do dereito que os galegos no exterior e as comunidades formadas por eles teñen a participar na vida social e cultural do pobo galego.

Unha vez presentado ó Parlamento de Galicia o proxecto de Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o exercicio 2002, con novas previsións orzamentarias dentro do programa 213-A (accións a favor das comunidades galegas), procede realizar unha nova convocatoria, con tramitación anticipada de expediente de gasto, que permita e regule a concesión de axudas e subvencións para o apoio infraestructural e a dotación e renovación de equipamentos das comunidades galegas.

Procede pois, a través desta orde, establece-lo marco normativo ó que haberán de axustarse neste exercicio as axudas e subvencións que posibiliten ás nosas comunidades galegas a actualización, adaptación e modernización das súas infraestructuras e locais, co fin de optimiza-la prestación de servicios asistenciais, sanitarios, sociais, culturais e deportivos, etc. que estatutariamente lles son propios e que contribúen á cobertura xeral de centenares de miles de galegos residentes no exterior que participan da vida asociativa destas comunidades. Para consegui-la modernización das citadas estructuras asociativas e a súa adaptación ás novas circunstancias polas que atravesa a emigración galega, establécense medidas de impulso para a adecuación de estructuras e medios acordes coas necesidades de cooperación e integración de esforzos, que contribúan no futuro a asegura-la presencia, os servicios, o patrimonio e a forza na proxección cultural da nosa comunidade galega no exterior.

Obxectivo esencial destas subvencións será atende-los colectivos máis necesitados ou de maior idade dentro da nosa poboación emigrante, en especial no que se refire a certas áreas xeográficas e países nos que as comunidades galegas posúen instalacións de servicios sanitarios e asistenciais. De igual forma aténdense ós proxectos de remodelación e ampliación, así como a modernización estructural, a renovación dos equipamentos, o incremento dos medios instrumentais, a incorporación de novas tecnoloxías e, conforme a esixencia dos tempos, a dotación de sistemas de información e de comunicación axustados ás técnicas vixentes. Así mesmo, requiren axuda e apoio a creación de novos centros e a promoción polas comunidades galegas de novos proxectos asistenciais.

Consecuentemente con todo o anterior, esta consellería

DISPÓN:

Capítulo I

Programa de axudas para rehabilitación de locais

e instalacións dos centros e para promoción

de novos proxectos asistenciais

Artigo 1º.-Obxecto e características.

Ten por obxecto a concesión de axudas destinadas a subvencionar, en todo ou en parte, as obras que para a rehabilitación de edificios, así como a promoción de novos proxectos de carácter asistencial, realicen as comunidades galegas no exterior no ano 2002.

Artigo 2º.-Finalidade das axudas.

1. Prestar axuda ás comunidades galegas que posúan patrimonio propio para o seu necesario mantemento ou rehabilitación. As axudas dedicaranse á mellora, conservación ou acondicionamento de edificios, locais ou instalacións nas sedes das comunidades galegas para a mellor prestación dos seus servicios asistenciais, culturais, educativos, etc.

2. Prestar axuda ás comunidades galegas que teñan patrimonio propio e que fagan investimentos para proporcionar ós seus socios prestacións socioculturais ou deportivas atractivas para a mocidade.

3. Prestar axuda ás entidades que carezan de patrimonio e non teñan posibilidade de afronta-la adquisición de instalacións propias, pero que precisan realizar obras imprescindibles de adecuación nos locais que ocupan.

4. Prestar axuda á promoción de novos centros e promoción de novos proxectos asistenciais incluíndo a ampliación de centros de asistencia social, tales como residencias, centros hospitalarios, centros de día, etc., que sexan promovidos polas comunidades galegas do exterior, nos seus lugares de asentamento para a atención dos seus asociados galegos.

5. Prestar axudas ás entidades galegas que atenden especificamente á terceira idade, para que poidan acondicionar locais dentro das súas instalacións, co obxectivo de habilitar fogares diúrnos, con servicio de cafetería e comedor, onde os galegos emigrantes de maior idade poidan realizar actividades de convivencia, de terapia ocupacional, ou de carácter lúdico, recreativo ou cultural.

Artigo 3º.-Solicitantes.

Poderán solicitar estas axudas as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador.

Artigo 4º.-Documentación

A documentación deberá estar integrada por:

a) Solicitude segundo o modelo normalizado do anexo I desta orde, que irá acompañada de follas adicionais para o desenvolvemento dos puntos que se consideren necesarios.

b) Proxecto ou memoria complementaria correspondente ás obras previstas e orzamento detallado delas.

Tódalas solicitudes poderán vir acompañadas de calquera outra documentación complementaria que se considere adecuada para unha mellor valoración.

Artigo 5º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos enviarán a documentación esixida á Dirección Xeral de Emigración da Consellería de Emigración e Cooperación Exterior (r/ Os Basquiños, 2, 15704 Santiago de Compostela, A Coruña).

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 31 de maio de 2002.

Artigo 6º.-Tramitación e resolución.

A Consellería de Emigración e Cooperación Exterior dictará resolución e comunicarállela ás entidades solicitantes, en función de:

-Orzamento total que supoña a actuación de rehabilitación ou promoción de novos proxectos.

-Finalidade social da acción e número previsto de beneficiarios.

-Situación xurídica das instalacións, locais ou edificios onde se vai realiza-lo investimento, atendendo ó réxime de utilización polos centros, como propietarios ou arrendatarios.

-Na valoración de necesidades das actuacións propostas consideraranse prioritarios os proxectos presentados que teñan como finalidade xustificada a integración institucional e de medios que posibilite a consolidación e pervivencia dos patrimonios e institucións galegas no exterior.

Artigo 7º.-Seguimento.

1. A solicitude das axudas supón o compromiso de aceptar que a Consellería de Emigración e Cooperación Exterior efectúe as comprobacións que considere necesarias para asegura-lo cumprimento do contido das normas e as condicións das axudas.

2. As entidades beneficiarias das axudas quedan obrigadas a comunicarlle á Consellería de Emigración e Cooperación Exterior calquera posible alteración das circunstancias, podendo a consellería adopta-la resolución correspondente.

Artigo 8º.-Pagamento e xustificación.

1. Pagamento:

Unha vez resolta a concesión da axuda, o pagamento realizarase de acordo coas modalidades e previsións da normativa vixente.

Os documentos xustificativos das actuacións realizadas requirirán a conformidade previa da Dirección Xeral de Emigración.

2. Xustificación:

A documentación que deben presenta-los beneficiarios das subvenciones dentro do exercicio orzamentario para proceder ó pagamento será a seguinte:

-Certificación do secretario do centro co visto e prace do presidente, coa descrición das obras, melloras, ou rehabilitación de edificios e instalacións realizadas en execución do proxecto presentado coa solicitude da subvención, facendo consta-los importes investidos, se é o caso, na moeda do país correspondente e a súa equivalencia en euros.

-Factura ou facturas acreditativas dos gastos realizados polo centro con motivo das actuacións subvencionadas que deberán presentarse ben en documento orixinal, ben en duplicado ou ben en fotocopia debidamente compulsada polo secretario do centro co visto e prace do presidente.

Capítulo II

Programa de axudas para mellora-las dotacións

e equipamentos dos centros

Artigo 9º.-Obxecto e características.

a) Axudas destinadas a subvenciona-la dotación de mobiliario e equipamentos que contribúan a mellora-las condicións asistenciais, culturais, educativas, etc. das comunidades galegas no exterior, en beneficio dos seus asociados galegos.

b) Axudas destinadas a subvencionar total ou parcialmente a adquisición de equipos tecnolóxicos que contribúan a mellora-las comunicacións dos centros galegos con Galicia e entre eles mesmos, posibilitando un eficiente fluxo de información.Tamén se apoiará a axilización da xestión interna dos centros coa dotación de equipos informáticos.

c) Axudas destinadas a subvencionar, en todo ou en parte, e na contía máxima de 1.800 euros, a adquisición polas comunidades galegas de instrumentos musicais e material necesario para mellora-lo equipamento dos seus grupos de folclore.

Artigo 10º.-Finalidade das axudas.

1. Apoia-las entidades que teñan patrimonio propio e que desenvolvan actividades socioasistenciais destinadas á poboación de maior idade e menos recursos. Estas axudas destinaranse, fundamentalmente, á adquisición de equipamentos tecnolóxicos de carácter sanitario.

2. Facer realmente efectivos os dereitos de información e comunicación que concede ás comunidades galegas a Lei 4/1983, do 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade:

-Mediante o apoio económico na adquisición de medios actualizados que melloren a comunicación das comunidades galegas entre estas e con Galicia.

-Coa axuda para a adquisición de equipos audiovisuais polas comunidades galegas que posibiliten actividades educativas e culturais ós seus asociados galegos. Inclúese especialmente neste punto a adquisición e instalación nos centros de sistemas de recepción vía satélite, antenas, etc., que permitan a transmisión ós seus asociados dos programas de radio e televisión españois destinados ou abertos ó exterior.

-Subvencionando a adquisición de equipos informáticos polos centros e entidades galegas coa finalidade de moderniza-la súa xestión interna, a

conexión á Internet e a comunicación por correo electrónico, permitindo, así mesmo, o acceso a bases de datos que posibiliten o coñecemento, en xeral, e o acercamento e difusión da realidade de Galicia, en particular.

3. Apoia-las comunidades galegas que necesitan dotar de equipamentos, mobiliario, equipos tecnolóxicos e instrumentos ás súas sedes e grupos culturais para atende-los seus fins propios mediante a realización de actividades asistenciais, educativas, culturais e sociais.

Artigo 11º.-Solicitantes.

Poderán solicitar estas axudas as entidades que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador.

Artigo 12º.-Documentación.

A documentación deberá estar integrada por:

a) Solicitude segundo o modelo normalizado do anexo II desta orde, que irá acompañada de follas adicionais para o desenvolvemento dos puntos que se consideren necesarios.

b) Nos supostos dos puntos a) e b) do artigo 9º deste programa, as solicitudes de axuda por un importe do gasto superior a 3.000 euros irán acompañadas necesariamente do orzamento ou orzamentos correspondentes realizados polos provedores ós que se prevé adquiri-los equipamentos obxecto de subvención, salvo que se trate de bens de difícil adquisición fóra de Galicia, caso no que a valoración e, se é o caso, a adquisición e o envío, poderá ser excepcionalmente realizada directamente pola Consellería de Emigración e Cooperación Exterior.

Artigo 13º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación

Os centros galegos enviarán a documentación esixida á Dirección Xeral de Emigración da Consellería de Emigración e Cooperación Exterior (r/ Os Basquiños, 2, 15704 Santiago de Compostela, A Coruña).

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 31 de maio de 2002.

Artigo 14º.-Tramitación e resolución.

A Consellería de Emigración e Cooperación Exterior dictará resolución e comunicarállela ás entidades solicitantes en función de:

-Orzamento total que supoña o equipamento ou a adquisición de mobiliario, instrumentos ou material.

-Para as axudas contempladas nas alíneas a) e b) do artigo 9, finalidade social da actuación e número previsto de beneficiarios directos da institución.

-No suposto da alínea c) do artigo 9º, número de socios da entidade solicitante e de compoñentes do grupo.

Artigo 15º.-Seguimento.

1. A solicitude das axudas supón o compromiso de aceptar que a Consellería de Emigración e Cooperación Exterior efectúe as comprobacións que coi

de necesarias para asegura-lo cumprimento do contido das normas e as condicións das axudas.

2. As entidades beneficiarias das axudas quedan obrigadas a comunicarlle á Consellería de Emigración e Cooperación Exterior calquera posible alteración das circunstancias e esta consellería poderá adopta-la resolución correspondente.

Artigo 16º.-Pagamento e xustificación

1. Procederase ó pagamento unha vez realizada polo centro beneficiario a adquisición do mobiliario, equipamento ou instrumentos subvencionados, contra a presentación das facturas correspondentes, que serán conformadas previamente pola Dirección Xeral de Emigración.

2. A documentación que deben presenta-los beneficiarios das subvencións, dentro do exercicio orzamentario, para proceder ó pagamento, será a seguinte:

-Certificación do secretario do centro, co visto e prace do presidente, que acredite as adquisicións de mobiliario, de equipamentos tecnolóxicos de comunicación ou informática e de instrumentos ou equipos para grupos culturais realizadas en execución do previsto na solicitude de subvención. Faranse consta-los importes investidos, se é o caso, na moeda do país correspondente e a súa equivalencia en euros.

-Factura ou facturas acreditativas dos gastos realizados con motivo das adquisicións subvencionadas, que deberán presentarse ben en documento orixinal, ben en duplicado ou ben en fotocopia debidamente compulsada polo secretario do centro co visto e prace do presidente.

Disposicións adicionais

Primeira.-Con carácter xeral, os beneficiarios de axudas e subvencións correspondentes ós programas convocados pola presente orde quedan obrigados a:

-Presentar, coa solicitude inicial, unha declaración do conxunto de tódalas solicitudes efectuadas ou concedidas, para un mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes.

-Así mesmo, no momento da xustificación total do proxecto e en calquera caso antes do último pagamento, o peticionario presentará unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para un mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

-Someterse ós requisitos legais e regulamentarios que contemple a normativa xeral de aplicación ás axudas de subvencións da Xunta de Galicia, así como ás actuacións de comprobación que respecto da xestión de fondos pode efectua-la entidade concedente e as de control financeiro que realice a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e os procedementos fiscalizadores do Tribunal de Contas e do Consello de Contas.

-Se, por calquera motivo, a actuación programada non se puidese realizar, deberase comunicar á Consellería de Emigración e Cooperación Exterior, que poderá dispoñer do citado crédito para subvencionar proxectos inicialmente desestimados ou aumenta-la axuda doutros subvencionados parcialmente.

-As entidades beneficiarias de axudas ou subvencións contempladas nesta orde quedarán obrigadas á difusión das concesións destas entre os seus asociados mediante os instrumentos informativos propios e de acordo coas súas previsións estatutarias.

Segunda.-Facúltase a Dirección Xeral de Emigración, sempre que a natureza e tramitación orzamentaria o permitan, para amplia-los prazos sinalados na presente orde mediante resolución, sempre que non se prexudiquen dereitos de terceiros.

Esta ampliación non poderá exceder da metade dos prazos consignados nesta orde.

Terceira.-As subvencións destinadas á rehabilitación de locais, instalacións dos centros e dotacións e equipamentos dos centros, concederanse con cargo á partida orzamentaria 17.02.213-A.780.0 (Transferencias de capital. A familias e institucións sen fins de lucro. Dotación e rehabilitación de centros), por un crédito máximo de 1.198.069 euros.

As subvencións destinadas á promoción de novos centros e novos proxectos asistenciais concederanse con cargo á partida orzamentaria 17.02.213-A.780.1 (Transferencias de capital. A familias e institucións sen fins de lucro. Novos centros e promoción de novos proxectos asistenciais), por un crédito máximo de 491.135,82 euros.

A concesión das axudas e subvencións estará sempre condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente na correspondente Lei de orzamentos, actualmente en trámite parlamentario.

Cuarta.-Na tramitación e resolución das axudas correspondentes a un mesmo centro, relativas a programas financiados con cargo ó mesmo capítulo e concepto orzamentario e sempre que as circunstancias o aconsellen e o importe global das subvenciones concedidas con cargo ó devandito capítulo e concepto non exceda de 6.000 euros, a Dirección Xeral de Emigración poderá acumular nun único expediente varias ou tódalas solicitudes de axuda, de acordo co previsto na lexislación de procedemento administrativo, detallando na resolución, se o considerase preciso, a contía parcial concedida por cada programa.

Quinta.-De conformidade coa Orde do 11 de febreiro de 1998, da Consellería de Economía e Facenda, sobre tramitación anticipada de expedientes de gasto, non se comunicará resolución de concesión ós beneficiarios ata que resulten aprobados os créditos do programa 213-A (Accións en favor das comunidades galegas) que amparen o gasto correspondente. Os citados créditos figuran no proxecto de Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o 2002.

Sexta.-Dada a especificidade dos programas en favor das comunidades galegas, delégase no director

xeral de Emigración da Consellería de Emigración e Cooperación Exterior a concesión das axudas e subvencións que se convocan pola presente orde. Tódalas solicitudes serán resoltas no prazo máximo de seis meses, contado desde a publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. De non mediar resolución expresa no devandito prazo, as solicitudes deberanse entender desestimadas.

Contra as resolucións expresas ou presuntas que poñan fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que as dictou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da recepción da correspondente notificación, no caso de resolucións expresas. No caso de que a resolución se entenda desestimatoria por silencio administrativo, o prazo será de tres meses contados a partir do día seguinte ó que se produza o acto presunto.

De non estima-la presentación deste recurso, poderán os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da recepción da correspondente notificación, se a resolución é expresa. No caso de que a resolución se entenda desestimatoria por silencio administrativo, o prazo será de seis meses contados a partir do día seguinte ó que se produza o acto presunto.

Ademais deste réxime de recursos contra a resolución de adxudicación de axudas, esta convocatoria e as súas bases poderán impugnarse na forma e nos prazos establecidos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Sétima.-A falsidade na documentación achegada ou a ocultación de datos dará lugar á denegación da axuda solicitada ou á perda da concedida. O incumprimento dos compromisos adquiridos, segundo as bases desta convocatoria, dará lugar á revogación da axuda concedida e á reclamación das cantidades xa pagadas de conformidade co disposto no artigo 78 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro o orzamentario de Galicia.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Nos aspectos non contidos nesta orde, haberá que aterse ó disposto no artigo 78 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Segunda.-Autorízase o director xeral de Emigración da Consellería de Emigración e Cooperación Exterior para dicta-las resolucións que tecnicamente sexan necesarias para o cumprimento da presente orde.

Terceira.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2002.

Aurelio Miras Portugal

Conselleiro de Emigración e Cooperación Exterior