Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 24 de abril de 2002 Páx. 5.658

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da corrección de erros da revisión salarial e calendario laboral do convenio colectivo do sector de elaboración e instalación de pedra e mármore para o ano 2002.

Visto o expediente de corrección de erros da revisión salarial e calendario laboral do convenio colectivo do sector de elaboración e instalación de pedra e mármore, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 14-3-2002, subscrito en representación da parte económica pola Asociación de Empresarios Marmolistas da provincia da Coruña (Asoemar), e da parte social polas centrais sindicais UGT, CC.OO. e CIG o día 21-2-2002, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo depósito do citado acordo no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 21 de marzo de 2002.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Acta única

Na Coruña, ás dezasete quince horas do vinteún de febreiro de dous mil dous, reúnense, nos locais da Confederación Intersindical Galega, sitos nesta cidade, as partes social e económica para proceder á revisión e actualización das táboas salariais, así como á aprobación do calendario para este ano, todo referido ó vixente convenio de traballo para a actividade de elaboración e instalación de pedra e mármore.

Os asistentes, que formarán a comisión negociadora, son os seguintes: por Comisiones Obreras (CC.OO.), Santiago Huertas Pozurama. Pola Confederación Intersindical Galega (CIG): Victorino Ares Prado e Lino Bereijo Vergara. Por parte da Unión General de Trabajadores (UGT): Juan R. Paseiro Pararo. Pola Asociación de Empresarios Mar

molistas de la provincia de A Coruña (Asoemar), Manuela Fernández Pouso.

Unha vez aberta e reunión, procédese a revisa-los salarios vixentes a 31-12-2000 co exceso do IPC, é dicir, o 0,2% para, a seguir, incrementa-los salarios no 3,5%.

Por erro na transcrición na acta nº 6 do actual convenio de elaboración e instalación de pedra e mármore, no seu artigo nº 30, onde di: «Complemento de hospitalización. No caso do IT derivada de accidente, a empresa procederá a complementar durante os dous primeiros meses ata o 100% da base reguladora.

A hospitalización por accidente será válida sempre e cando esta teña a consideración de laboral», debe dicir: «Incapacidade temporal. No caso de IT derivada de accidente coa consideración de laboral, a empresa procederá a completar durante os dous primeiros meses ata o 100% da base reguladora».

Así mesmo e co obxecto de adapta-la xornada trala súa reducción, confecciónase o calendario que se xunta como anexo IV e que estará en vigor única e exclusivamente, para tódolos efectos, durante este ano.

Os representantes da comisión deliberadora delegan en Victorino Ares Prado, para que presente a documentación anteriormente mencionada e que se xunta á acta, ante o organismo competente, co obxecto de que se lle dea o trámite que corresponda para a súa publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

E non habendo máis asuntos que tratar, dáse por rematada a reunión, ás dezaoito trinta horas do día arriba indicado.