Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 24 de abril de 2002 Páx. 5.656

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo do sector de industrias vinícolas, alcoholeiras, licoreiras, sidreiras e o seu comercio, da provincia da Coruña.

Visto o expediente de revisión salarial do convenio colectivo do sector de industrias vinícolas, alcoholeiras, licoreiras, sidreiras e o seu comercio da pro

vincia da Coruña, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 6-3-2002, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Mayoristas y Embotelladores de Vinos, e da parte social polas centrais sindicais UGT e CIG o día 5-3-2002, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de

funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo depósito do citado acordo no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 20 de marzo de 2002.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Acta da reunión da comisión negociadora do convenio provincial de industrias vinícolas, alcoholeiras, licoreiras, sidreiras e o seu comercio da provincia da Coruña

Asistentes.

Pola parte empresarial: Asociación Provincial de Mayoristas y Embotelladores de Vinos. Víctor Robla Carreiras.

Pola parte social: Roberto Veira, UGT. Manuel Bello, CIG.

Na Coruña, ás 12 horas do día 5 de marzo de 2002, nos locais de UGT reúnense as persoas anteriormente citadas, para a sinatura da acta final do convenio provincial das industrias vinícolas, licoreiras, sidreiras e o seu comercio, nos seguintes termos:

1. Prórroga-lo texto do convenio colectivo publicado no BOE do día 12 de xuño de 1999, coas seguintes modificacións:

Artigo 1º.-Vixencia. Dous anos, desde o 1 de xaneiro de 2001 ó 31 de decembro de 2002, con carácter retroactivo ó 1 de xaneiro de 2001.

Artigo 10º.-Aumentos periódicos por anos de servicio. Importe do bienio, 28,06 euros.

Artigo 12º.-Gratificacións extraordinarias. Letra b). Establécese unha gratificación de 311,68 euros para o ano 2001.

Artigo 13º.-Complemento de asistencia. Valor diario, 2,77 euros.

Artigo 22º.-Contía das retibucións. Aproba-las táboas salariais que se xuntan en anexos a esta acta.

Incremento para o ano 2001 do 3% sobre as táboas definitivas de 2000.

Incremento para o ano 2002, IPC previsto (2%) máis 0,3 %, total 2,3 % sobre as táboas definitivas de 2001.

Cláusula de revisión salarial para o ano 2002: garántese un IPC real máis 0,3 puntos en tódolos conceptos retributivos, con efectos do 1 de xaneiro do mesmo ano.

Facúltase a Roberto Veira López para realiza-los trámites de sinatura e rexistro para a súa posterior publicación.

Sen máis asuntos que tratar, asínase esta acta en proba de conformidade.

ANEXO I

Táboas salariais definitivas do convenio de industrias vinícolas 2001 e outros conceptos retributivos.

CategoríasSalario mensual

euros

Salario anual

euros

Grupo A (Técnicos)

Xefe superior1.380,2120.321,58

1ª Técnico titulado

Titulado superior1.242,1918.389,30

Titulado medio1.104,19 16.457,30

Titulado inferior883,3513.365,54

2ª Técnico non titulado

Encargado xeral bodega966,1714.525,02

Encargado laboratorio772,9211.889,52

Axudante laboratorio662,5310.274,06

Auxiliar laboratorio607,319.500,98

Grupo B (Administrativos)

Xefe superior1.380,2120.321,58

Xefe de primeira1.104,1916.457,30

Xefe de segunda966,1714.525,02

Oficial de primeira712,1510.968,74

Oficial de segunda662,5310.274,06

Auxiliar607,319.500,98

Aspirantes de 16 a 17 anos469,287.568,56

Grupo C (Comerciais)

Xefe superior1.380,2120,321,58

Xefe de vendas828,1412.592,60

Inspector de vendas745,3311.433,26

Corredor en praza690,1110.660,18

Viaxante690,1110.660,18

Grupo D (Subalternos)

Conserxe645,7510.039,14

Subalterno 1ª6159.608,64

Subalterno 2ª597,099.357,90

Subalterno auxiliar579,709.114,44

Mozos dos recadedos 16 a 17 anos441,667.181,88

Persoal limpeza552,098.727,90

Persoal limpeza 2,30 euros hora

Táboas salariais definitivas do convenio de industrias vinícolas 2001 e outros conceptos retributivos.

CategoríasSalario día eurosSalario anual euros

Grupo E (Obreiros)

1ª Profesional oficio:

Capataz de bodega23,6411.069,28

Encargado de sección22,7410.685,88

Oficial 1ª21,82 10.293,96

Oficial 2ª20,919.906,30

Oficial 3ª19,139.148,02

2ª Oficios auxiliares:

Oficial 1ª21,8210.293,96

Oficial 2ª20,919.906,30

Peón especializado19,139.148,02

Peón18,839.020,22

Pinche de 16 a 17 años16,007.814,64

Antigüidade (valor bienio): 28,06 euros

Gratificación patronal sector: 311,68 euros

Complemento asistencia (valor diario): 2,77 euros

ANEXO II

Táboas salariais do convenio de industrias vinícolas 2002 e outros conceptos retributivos.

CategoríasSalario mensual

euros

Salario anual

euros

Grupo A (Técnicos)

Xefe superior1.411,9520.787,99

1ª Técnico titulado

Titulado superior1.270,7618.811,33

Titulado medio1.129,5916.834,95

Titulado inferior903,6713.672,07

2ª Técnico non titulado

Encargado xeral bodega988,3914.858,15

Encargado laboratorio790,7012.090,49

Axudante laboratorio677,7710.509,47

Auxiliar laboratorio621,289.718,61

Grupo B (Administrativos)

Xefe superior1.411,9520.787,99

Xefe de primeira1.129,5916.834,95

Xefe de segunda988,3914.858,15

Oficial de primeira728,5311.220,11

Oficial de segunda677,7710.509,47

Auxiliar621,289.718,61

Aspirantes de 16 a 17 anos480,077.741,67

Grupo C (Comerciais)

Xefe superior1.411,9520.787,99

Xefe de vendas847,1912.881,35

Inspector de vendas762,4711.695,27

Corredor en praza705,9810.904,41

Viaxante705,9810.904,41

Grupo D (Subalternos)

Conserxe660,6010.269,09

Subalterno 1ª629,159.828,79

Subalterno 2ª610,829.572,17

Subalterno auxiliar593,039.323,11

Mozo dos recados 16 a 17 anos451,827.346,17

Persoal limpeza564,798.927,75

Persoal limpeza pesetas hora: 2,35 euros.

Táboas salariais definitivas do convenio de industrias vinícolas 2002 e outros conceptos retributivos.

CategoríasSalario día eurosSalario anual euros

Grupo E (Obreiros)

1ª Profesional oficio:

Capataz de bodega24,1811.321,70

Encargado de sección23,2610.929,45

Oficial de primeira22,3210.529,01

Oficial de segunda21,3910.132,83

Oficial de terceira19,579.357,51

2ª Oficios auxiliares

Oficial de primeira22,3210.529,01

Oficial de segunda21,3910.132,83

Peón especializado19,579.375,51

Peón19,269.225,45

Pinche de 16 a 17 anos16,377.994,31

Antigüidade (valor bienio): 28,71 euros

Gratificación patronal sector: 318,85 euros

Complemento asistencia (valor diario): 2,83 euros