Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 19 de abril de 2002 Páx. 5.361

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO SETE DA CORUÑA

EDICTO (2255/2000-P).

Manuel Ferreiro González, secretario de sala da sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña. Certifico que na apelación civil nº 2255/2000, procedente do Xulgado de Primeira Instancia número sete da Coruña, dictouse sentencia cun encabezado e parte dispositiva que din:

Na Coruña, vintetrés de xaneiro de dous mil dous.

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña, constituída por María del Carmen Taboada Caseiro, presidente, Luis Barrientos Monge e María Dolores Fernández Galiño, maxistrados.

En nome de El-Rei.

Pronunciou a seguinte sentencia:

No recurso de apelación civil número 2255/2000, procedente do Xulgado de Primeira Instancia número sete da Coruña, sobre acción declarativa de domi

nio en xuízo de menor contía nº 512/1998 entre partes, dunha e como apelante, o demandado Jesús Loureiro Loureiro, representado polo procurador señor Espasandín Otero e defendido pola letrada señora Arijón Loureiro, e da outra e como apelado, o demandante Ángel Escolano Díez, representado pola procuradora señora Prego Vieito e defendido pola letrada señora Rego Álvarez de Mon, e como demandados apelados declarados en situación procesual de rebeldía, persoas descoñecidas e ignoradas que co ditado demandado apelante sexan partícipes na comunidade de bens que se di propietaria dun predio en Anzobre-Arteixo, con quen se entenderon as sucesivas dilixencias nos estrados deste tribunal. É relator Luis Barrientos Monge.

Decidimos que, con parcial estimación do recurso de apelación interposto contra a sentencia con data do 30 de xuño de 2000, dictada polo Xulgado de Primeira Instancia número sete da Coruña, nos presentes autos de xuízo de menor contía nº 512/1998, debemos revogala en parte, para desestimar tamén a demanda inicial destas actuacións, confirmando a desestimación da demanda reconvencional presentada pola parte demandada.

Non se fai especial pronunciamento sobre as custas procesuais en ambas instancias.

E ó xulgado de procedencia, líbrese a certificación correspondente con devolución dos autos que remitiu.

Así, por esta nosa sentencia, da que se levará certificación ó rolo de apelación civil, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que así conste, expido e asino esta sentencia na Coruña, once de marzo de dous mil dous.

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES

DE BETANZOS