Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 19 de abril de 2002 Páx. 5.362

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE BETANZOS

EDICTO (159/2001).

En Betanzos, trece de marzo de dous mil dous.

María del Carmen Vázquez Rodríguez, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número tres dos de Betanzos, fai saber que nos autos de xuízo verbal nº 159/2001 seguidos ante este xulgado entre as partes que logo se farán constar, se dictou a seguinte sentencia, que transcrita no seu encabezamento e dictame, é do teor literal que segue:

«Sentencia. En Betanzos, doce de marzo de dous mil dous.

Vistos por Mercedes Quiroga Rúa, xuíza de Primeira Instancia e Instrucción do Xulgado número tres desta cidade e o seu partido, os presentes autos

de xuízo verbal sobre reclamación de cantidade rexistrados co nº 159/2001, por instancia do procurador Carlos García Brandariz en nome e representación de José Luis Seoane Rodríguez, maior de idade, veciño das Casas Grandes, nº 24 Cerneda, Abegondo, asistido pola letrada Ana María Novo García, contra Narciso Boado Otero, maior de idade, en ignorado paradoiro e citado por medio de edictos, declarado en situación de rebeldía procesual; e fundando esta resolución nos seguintes:

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Dictamino. Que estimando como estimo a demanda interposta polo procurador Carlos García Brandariz en representación de José Luis Seoane Rodríguez contra Narciso Boado Otero debo ordenar e ordeno a demolición do inmoble a que se contrae esta causa, sito no lugar das Casas Grandes e propiedade de Narciso Boado Otero, baixo os apercibimentos legais; con expresa imposición de custas á parte demandada.

Seguen sinaturas.

E para que conste, para a súa notificación a Narciso Boado Otero por medio da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 497.1º LAC expido, asino e selo este edicto en Betanzos o día doce de marzo de dous mil dous».

A secretaria

Rubricado