Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 19 de abril de 2002 Páx. 5.362

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 2002, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, tramitación ordinaria, para a contratación das obras para a instalación dun sistema de detección automática e manual de incendios para o edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo.

En cumprimento do disposto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación do seguinte contrato de obras:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Economía e Facenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral e do Patrimonio.

c) Nº de expediente: 11/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: obras.

b) Descrición do obxecto: contratación das obras de instalación dun sistema de detección automática e manual de incendios para o edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo.

c) Lugar de execución: Ronda da Muralla, 70, 27003 Lugo.

d) Prazo de execución: dous meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: douscentos vinteoito mil trescentos trescentos oitenta e nove euros, IVE incluído (228.389 A).

5. Garantía provisional.

Importe: 2% do orzamento de licitación: catro mil cincocentos sesenta e sete euros e setenta e oito céntimos (4.567,78 A).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral e do Patrimonio. Servicio de Xestión Económica e Control Orzamentario.

b) Enderezo: edificio San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 41 47.

e) Telefax: 981 54 41 25.

f) Data límite de obtención de documentos e información: será a mesma que para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo I, subgrupos 8 e 9, categoría e. Grupo K, subgrupos 9, categoría e.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: 26 días naturais que se contarán a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada nas cláusulas 5.3, 5.4 e 5.5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda, ou por correo, na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado; edificio San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

e) Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes ou alternativas.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Economía e Facenda.

b) Enderezo: edificio San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: ás 13 horas do quinto día natural, que non coincida en sábado ou día inhábil, seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións.

10. Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

11. Páxina web onde figuran as informacións relativas a esta convocatoria: www.xunta.es/contratacion/

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2002.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda