Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 19 de abril de 2002 Páx. 5.361

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE MADRID (SALA DO SOCIAL-SECCIÓN CUARTA)

EDICTO (3028/2001).

Ana María López-Medel Bascones, secretaria da Sala do Social da Sección Cuarta do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid, fai saber que nesta sala se segue o recurso nº 3028/2001, interposto por Julia de la Torre e outros, contra Ence, S.A. e outros, sobre dereitos e que se dictou a seguinte resolución:

Decidimos:

Debemos estimar e estimámo-lo recurso de suplicación interposto por Julia de la Torre Ibarreche e outra contra o auto dictado polo Xulgado do Social número catro dos de Madrid, con data do dez de xullo de dous mil, e logo da declaración de competencia da orde xurisdiccional social para o axuizamento desta litis, declarámo-la nulidade do actuado desde o momento inmediatamente anterior a dictarse o dito auto, co fin de que siga a tramitación pertinente ata que se dicte sentencia que resolva, con plena liberdade de criterio, o fondo do asunto debatido.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid, e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social dentro dos dez días seguintes ó da notificación da sentencia, de acordo co disposto nos artigos 218 e 227 da Lei de procedemento laboral. O recorrente que non goce do beneficio da xustiza gratuíta deberá acredita-la consignación do importe da condena, cando proceda, ante esta sala, ó tempo de prepara-lo recurso, presentando xustificante acreditativo de tela efectuado, na c/c nº 2829000000030282001, que esta sección cuarta ten aberta no Banco Bilbao Vizcaya, sucursal nº 913, sita na Glorieta das Igrexas de Madrid. Esta consignación en metálico poderase substituír polo aseguramento mediante aval bancario, no que se fará consta-la responsabilidade solidaria do avalista. Igualmente, o recorrente que non teña a condición de traballador ou habente

causa seu ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou se trata do Ministerio Fiscal, Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais, os organismos autónomos dependentes de todas elas e quen tivera recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, deberá consignar como depósito a cantidade de cincuenta mil pesetas (50.000 pesetas), que deberá ingresar na conta nº 2410 do Banco Bilbao Vizcaya, sucursal da rúa Génova, 17 (clave oficina 4043) de Madrid, que ten aberta a Sala IV do Social do Tribunal Supremo, debendo facer entrega do xustificante acreditativo na Secretaría da dita Sala IV do Tribunal Supremo ó tempo de comparecer nela.

E para que lles sirva de notificación a María Lourdes Mateos Cordero e Evaristo Miguel Corcuera, actualmente en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto en Madrid o cinco de abril de dous mil dous.

Rubricado