Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 19 de abril de 2002 Páx. 5.353

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 10 de abril de 2002 pola que se regulan as axudas económicas para atención á primeira infancia a través do cheque infantil en centros de primeira infancia non sostidos con fondos públicos.

Advertido erro na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 70, do 11 de abril de 2002, cómpre face-las seguintes correccións:

Na páxina 4.698 no artigo 3.2, onde di: «Así mesmo, poderán ser beneficiarios tódalas persoas con nenos/as de 0 a 3 anos a cargo, residentes en localidades onde non existan centros sostidos con fondos públicos e desexen obter praza nalgún centro partícipe do programa existente nesa localidade», debe dicir: «Así mesmo, poderán ser beneficiarios tódalas persoas con nenos/as de 0 a 3 anos a cargo, residentes en concellos onde non existan centros sostidos con fondos públicos e desexen obter praza nalgún centro partícipe do programa, existente no concello de residencia, noutro que sexa limítrofe ou ben no concello onde traballen os pais ou titores legais».

Na páxina 4. 699, no artigo 4, punto e), onde di: «Que existan prazas nos centros partícipes do programa para o grupo de idade solicitado e na localidade do domicilio do beneficiario», debe dicir: «Que existan prazas nos centros partícipes do programa para o grupo de idade solicitado no concello de residencia do beneficiario, noutro que sexa limítrofe ou ben no concello onde traballen os pais ou titores legais».

Na páxina 4.699, no artigo 6.2, parágrafo 1, onde di: «O prazo de presentación de solicitudes para os posibles beneficiarios do artigo 3.2 realizarase no prazo dun mes a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia», debe dicir: «O prazo de presentación de solicitudes para os posibles beneficiarios do artigo 3.2 será dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia».

Na páxina 4.702, anexo II, onde di: «PROCEDEMENTO solicitude de axudas de atención á primeira infancia programa de cheque asistencial», debe dicir: «PROCEDEMENTO solicitude de axudas de atención á primeira infancia programa de cheque infantil».

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA