Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 19 de abril de 2002 Páx. 5.354

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2002, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ás categorías 31 (restaurador) e 38 (perito xudicial) do grupo II do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, pola que se fan públicas as datas, as horas e os lugares de realización do primeiro exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 9 de abril de 2002, o tribunal II-C designado pola Orde do 15 de xaneiro de 2002 para xulga-lo proceso selectivo para acceso ás categorías 31 (restaurador) e 38 (perito xudicial) do grupo II do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 30 de xullo de 2001, acordou, de conformidade co disposto na base III.10 da convocatoria, que o primeiro exercicio da fase de oposición se realizará o día 2 de maio de 2002, na aula nº 17 da Escola Galega de Administración Pública, situada na r/ Madrid, 2-4 en Santiago de Compostela, en chamamento único.

Para a categoría 31 (restaurador), a realización do exercicio comezará ás 17.30 horas, abríndose as portas do lugar de acceso para a súa realización ás 17 horas.

Para a categoría 38 (perito xudicial), a realización do exercicio comezará ás 17.30 horas, abríndose as portas do lugar de acceso para a súa realización ás 17 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2002.

Eduardo Suárez Campo

Presidente do tribunal