Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 19 de abril de 2002 Páx. 5.354

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2002, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso á categoría 103 (entrevistador-enquisador) do grupo III do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, pola que se fan públicas as datas, as horas e os lugares de realización do primeiro exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 9 de abril de 2002, o tribunal III-E designado pola Orde do 10 de decembro de 2001 para xulga-lo proceso selectivo para acceso á categoría 103 (entrevistador-enquisador) do grupo III do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 30 de xullo de 2001, acordou, de conformidade co disposto na base

III.10 da convocatoria, que o primeiro exercicio da fase de oposición se realizará o día 7 de maio de 2002, no salón de actos da Escola Galega de Administración Pública, situada na r/ Madrid, 2-4 en Santiago de Compostela, en chamamento único.

A realización do exercicio comezará ás 17.30 horas, abríndose as portas do lugar de acceso para a súa realización ás 17 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2002.

Eduardo Suárez Campo

Presidente do tribunal