Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 19 de abril de 2002 Páx. 5.353

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 2001 pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 01/0000457/2002 dereitos fundamentais IN, interposto por Unións Agrarias de Galicia contra o Decreto 63/2002, do 28 de febreiro, polo que se regulan os procesos electorais para a renovación dos membros dos consellos reguladores de denominacións de calidade en materia agroalimentaria.

A Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo (sección primeira) do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia da Coruña, providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo 01/0000457/2002 dereitos fundamentais IN, interposto por Unións Agrarias de Galicia contra o Decreto 63/2002, do 28 de febreiro, polo que se regulan os procesos electorais para a renovación dos membros dos consellos reguladores de denominacións de calidade en materia agroalimentaria.

En consecuencia, esta secretaría xeral acordou, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior

de Xustiza de Galicia no prazo de 5 (cinco) días, contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2002.

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Política

Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO,

MULLER E XUVENTUDE