Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 18 de abril de 2002 Páx. 5.293

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (470/2001).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 470/2001, por instancia de Guillermo Domínguez Ramos contra Decora. e. Impermeb.J.S., S.L. sobre salarios, nos que recaeu sentencia en data 28-2-2002 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Decido que, estimando a demanda promovida por Guillermo Domínguez Ramos contra Decora. e. Impermeb.J.S., S.L., debo condenar e condeno a demandada a que lle abone ó demandante a cantidade de 463,59 euros (77.135 pesetas) por tódolos conceptos reclamados en demanda.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación á empresa Decora. e. Impermeb.J.S., S.L., expido e asino esta cédula na Coruña, 14 de marzo de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado