Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 18 de abril de 2002 Páx. 5.292

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (863/2001).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 863/2001 seguidos por instancia de Eulogio García Fernández contra Caridad e Otero Asociado, S.L. e outra sobre salarios, nos que recaeu sentencia con data do 15-3-2002 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Que estimando a demanda formulada por Eulogio García Fernández, contra a empresa Caridad e Otero Asociado, S.L., condeno a esta a aboarlle a cantidade de 2.540,37 euros, que lle debe en concepto de salarios.

Absólvese da demanda o Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este Xulgado do Social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Prevese a empresa demandada de que, para recorrir, deberá acreditar ó ingresado na c/c de consignacións, código 5604 0000 60 863-2001, do Banco de Bilbao Vizcaya desta cidade, denominada Conta do Xulgado do Social número tres, o importe da condena e 150,25 euros en concepto de depósito, requisitos sen os cales non será admitido a trámite o recurso, quedando firme a sentencia.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Caridad e Otero Asociado, S.L. expido e asino esta cédula na Coruña o 15 de marzo de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado