Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 18 de abril de 2002 Páx. 5.293

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (722/2001).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 722/2001, por instancia de María del Carmen Lozano Gómez contra Esbotex, S.L., sobre depedimento, nos que recaeu sentencia en data 28-2-2002 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido que, estimando a demanda promovida por María del Carmen Lozano Gómez contra Esbotex, S.L., debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado ó demandante, condenando a demandada a que no prazo de cinco días contado desde a notificación desta resolución, opte entre a inmediata readmisión da traballadora nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, co aboamento da cantidade de 156,05 A (25.964 pesetas) en concepto de indemnización, e ó aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, a razón de 23,44 A (3.900 pesetas) día.

Así, por esta miña sentencia, contra a que poderá recorrerse en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contado desde o seguinte ó da súa notificación, anunciando o propósito de presentalo mediante comparecencia ou por escrito, sendo indispensable que, ó tempo de anuncialo, o recorrente, se é empresario, exhiba diante deste Xulgado do Social o xustificante acreditativo de ter depositado no Banco de Bilbao Vizcaya, oficina principal desta cidade, na conta corrente deste xulgado, número 5605, clave 60, a cantidade obxecto de condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista, requisito sen o cal non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Débense consignar ademais a cantidade de 25.000 pesetas na mesma conta, clave 65, entregándose o xustificante na secretaría ó tempo de interpoñe-

lo recurso declarándose este desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa Esbotex, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña o 15 de marzo de 2002.

A secretaria xudicial

Rubricado