Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 18 de abril de 2002 Páx. 5.294

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (966/2001).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 966/2001, por instancia de Margarita Jove Castelo contra Quintino dos Santos, S.L., sobre depedimento, nos que recaeu sentencia en data 5-3-2002 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido que, estimando a demanda promovida por Margarita Jove Castelo contra a empresa Quintino dos Santos, S.L., debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado á demandante e así mesmo extinguida a relación laboral que unía os litigantes o día de hoxe, condenando a demandada a estar e pasar pola anterior declaración e ó aboamento da cantidade de 2.044.883 pesetas (12.289,99 A), en concepto de indemnización, e ó aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, a razón de 4.709 pesetas diarias (28,30 A).

Así, por esta miña sentencia, contra a que poderá recorrerse en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ó da súa notificación, anunciando o propósito de presentalo mediante comparecencia ou por escrito, sendo indispensable que, ó tempo de anuncialo, o recorrente, se é empresario, exhiba diante deste Xulgado do Social o xustificante acreditativo de ter depositado no Banco de Bilbao Vizcaya, oficina principal desta cidade, na conta corrente deste xulgado, número 5605, clave 60, a cantidade obxecto da condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista, requisito sen o cal non poderá tese por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Débese consignar ademais a cantidade de 25.000 pesetas na mesma conta, clave 65, entregándose o xustificante na secretaría ó tempo de interpoñe-

lo recurso, declarándose este desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa Quintino dos Santos, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña o 22 de marzo de 2002.

A secretaria xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA