Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 17 de abril de 2002 Páx. 5.226

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO CINCO DE VIGO

EDICTO (471/2001).

Antonio Rodríguez Diéguez, secretario do Xulgado de Familia de Vigo, certifico que neste xulgado se tramitan autos arriba referenciados nos que se dictou a seguinte sentencia:

En Vigo, vinteún de febreiro de dous mil dous. Vistos por Mª Ángeles González de los Santos, maxistrada-xuíza de primeira instancia número cinco de Vigo, os presentes autos de divorcio seguidos neste xulgado co número 471/2001 por instancia de Josefina Otilia Rivas Rodríguez, maior de idade, representada pola procuradora Auxiliadora Ruiz Sánchez e asistida da letrada María Teresa Pérez Iglesias contra Ezzeddine Moumni, maior de idade, en ignorado paradoiro, o cal se declarou en rebeldía procesual; e na súa virtude e en nome de El-Rei, dicta a seguinte sentencia:

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Dictamino que debo declarar e declaro a disolución por divorcio do matrimonio que formaban Josefina Otilia Rivas Rodríguez e Ezzeddine Moumni, celebrado en Túnez o 26 de setembro de mil novecentos noventa e un, con tódolos efectos legais que a dita declaración leva consigo, sen efectuar unha especial imposición de custas procesuais.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que esta non é firme e que contra ela cabe interpoñer recurso de apelación, que se preparará ante este xulgado no prazo de cinco días contado desde o seguinte á súa notificación.

En canto sexa firme esta resolución, comuníquese de oficio ó Rexistro Civil Central, para a súa inscrición á marxe da do matrimonio dos cónxuxes.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste e lle sirva de notificación a Ezzeddine Moumni, en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto en Vigo, sete de marzo de dous mil dous.

O secretario

Rubricado