Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 17 de abril de 2002 Páx. 5.227

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE VERÍN

CÉDULA de notificación de sentencia (172/2001).

Olga de la Fuente Cabezón, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número un desta vila e o seu partido xudicial, dou fe e testemuño, que no arquivo deste xulgado e no cartafol correspondente a resolucións civís aparece o orixinal seguinte:

«Sentencia. Verín, 22 de xaneiro de 2002. Isabel Crespo Álvarez, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un desta vila e o seu partido, dictou a seguinte sentencia:

No xuízo verbal nº 172/2001 seguido por instancia de Groupama Seguros, S.A. e Juan Antonio Campiño Pérez, representados polo procurador Álvarez Blanco e asistidos pola letrada Ferreira Pazo, contra José Luis Gabriel Caldelas Diéguez, en rebeldía.

Dictamino que, estimando integramente a denuncia interposta polo procurador Álvarez Blanco contra José Luis Gabriel Caldelas Diéguez, debo condenar e condeno ó referido demandado a aboarlle a Juan Antonio Campiño Pérez a cantidade de 48.750 pesetas (292,99 euros) e a Groupama Seguros, S.A., a cantidade de 21.250 pesetas (127,72 euros). Ambas cantidades incrementaranse no xuro legal do diñeiro desde o día 21 de setembro de 2001, con expresa imposición de custas ó demandado. Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que non é firme e que contra ela poden interpoñer recurso de apelación do que coñecerá a Audiencia Provincial de Ourense e que haberá de prepararse ante este xulgado no prazo de cinco días contados desde a súa notificación, tal e como etablece o artigo 457 LAC. Inclúase esta notificación no libro de sentencias, poñendo nas actuacións certificación desta. Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que así conste e a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, expido, asino e selo esta cédula de notificación en Verín, vintedous de xaneiro de dous mil dous.

A secretaria xudicial

Rubricado