Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 17 de abril de 2002 Páx. 5.226

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (648/2001).

A secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número un da Coruña, fai saber: que nos autos que a continuación se dirán consta dictada sentencia, cun encabezamento e dictame que son do seguinte teor literal: sentencia.

Na Coruña, 14 de febreiro de 2002.

Vistos por min, Javier San Claudio Piñón, maxistrado-xuíz de Primeira Instancia número un dos desta cidade, os presentes autos de xuízo verbal civil, tramitados neste xulgado co número 648/2001-L por instancia de Cosntantino Corral Jarel, representado polo procurador José Martín Guimaraens Martínez e defendido polo letrado señor Pérez Moreno contra Jesús Vidal Romay, en ignorado paradoiro; e

Dictamino que estimando integramente a demanda interposta polo procurador señor Guimaraens Martínez en representación de Constantino Corral Jarel contra Jesús Vidal Romay, declaro resolto o contrato de arrendamento do local comercial nº 12 (actual nº 22) sito na planta baixa da Ronda de Outeiro, A Coruña, condenando o demandado a desaloxalo e a deixalo libre e á disposición do demandante dentro do prazo legal, apercibíndoo de lanzamento e impoñéndolle as custas do xuízo.

Notifíqueselles esta resolución ás partes con indicación de que contra ela e de acordo co previsto no artigo 455 da LEC cabe recurso de apelación que se vai preparar ante este xulgado no prazo de cinco días contados desde o seguinte á súa noti

ficación, apercibindo o demandado de que non se lle admitirá o recurso se ó preparalo non manifesta, acreditándoo por escrito, ter satisfeitas as rendas vencidas e as que de acordo co contrato deba pagar por adiantado.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E expídese o presente edicto para que lle sirva de notificación en legal forma ó demandado Jesús Vidal Romay, en ignorado paradoiro.

Dado na Coruña, quince de febreiro de dous mil dous.

Rubricado