Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 17 de abril de 2002 Páx. 5.226

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2002 pola que se corrixe erro advertido na do 26 de febreiro de 2002 pola que se convocaba a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de director/a da Escola Infantil Breogán, do grupo II, vacante no cadro de persoal laboral desta universidade.

Advertido erro na Resolución do 26 de febreiro de 2002 publicada no Diario Oficial de Galicia nº 54, do venres, 15 de marzo de 2002, cómpre face-la seguinte corrección:

Na páxina 3.496, anexo, onde di: «Requisitos: mestre/a de educación infantil», debe dicir: «Requisitos: categoría laboral mestre/a de educación infantil».

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2002.

Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela