Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 17 de abril de 2002 Páx. 5.155

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 4 de abril de 2002 pola que se fan públicas as vacantes definitivas dos corpos de profesores que imparten ensino secundario, formación profesional, ensinanzas artísticas e idiomas ó servicio da Administración para o curso 2002-2003.

A base segunda da Orde do 29 de outubro de 2001 (DOG do 9 de novembro), pola que se convocaba concurso de traslados para a provisión de prazas vacantes entre funcionarios docentes dos corpos de profesores que imparten ensino secundario, formación profesional, ensinanzas artísticas e idiomas, determinaba que se convocaban as vacantes existentes no momento da convocatoria, as que se producisen ata o 31 de decembro de 2001 e as que resulten da resolución do concurso en cada corpo polo que se concursa. Todas elas sempre que se correspondan con prazas que teñan o seu funcionamento previsto na planificación xeral educativa.

Na sua virtude, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Publicar no anexo desta orde as vacantes definitivas para o curso 2002-2003 nos colexios públicos integrados, institutos de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, conservatorios de música, escolas de artes aplicadas e oficios artísticos.

Segundo.-Tódalas vacantes que figuran no anexo poderán ser obxecto de concurso de traslados, conforme o disposto na orde de convocatoria.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria