Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 17 de abril de 2002 Páx. 5.155

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2002 do tribunal V-E designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso á categoría 11 (limpador/a e demais incluídos nesta categoría) do grupo V do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 30 de xullo de 2001, pola que se procede ó sinalamento da data, hora e o lugar de realización do primeiro exercicio da fase de oposición.

Na sesión que tivo lugar o día 3 de abril de 2002, o tribunal V-E designado pola Orde do 10 de decembro de 2001 para xulga-lo proceso selectivo para o acceso á categoría 11 (limpador/a, fregador/a, empregado/a de comedor, empregado/a cociña-pinche, servicio doméstico, mozo/a de limpeza, pinche de cociña, persoal servicios xerais) do grupo V do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 30 de xullo de 2001, acordou, de con

formidade co disposto na base III.10 da convocatoria, que o primeiro exercicio da fase de oposición se realizará o día 13 de maio de 2002 no recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda, en chamamento único.

Efectuarase a apertura das portas ás 17 horas, e o seu pechamento e inicio do exercicio ás 18 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2002.

José Ramón Pardo Cabarcos

Presidente do tribunal