Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 17 de abril de 2002 Páx. 5.154

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2002 pola que se outorga a concesión definitiva para a posta en funcionamento dunha emisora, de carácter municipal, para a súa explotación en réxime de xestión directa do servicio de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia.

Adoptado acordo polo Consello da Xunta de Galicia, en sesión do día 22 de marzo de 2002, relativo á adxudicación definitiva dunha emisora en ondas métricas con modulación de frecuencia, resulta necesario dar publicidade ó mencionado acordo, unha vez cumpridos os requisitos que se determinan no Decreto 156/1989, do 27 de xullo, modificado parcialmente polo Decreto 35/1992, do 6 de febreiro, que regula o procedemento de concesión de emisoras

de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia

RESOLVO:

Facer público o acordo do Consello da Xunta de Galicia, adoptado en reunión do día 22 de marzo de 2002, polo que se adxudica definitivamente o servicio de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia a favor do Concello de Catoira, coas características técnicas que figuran no anexo á presente resolución.

Santiago de Compostela, 2 de abril de 2002.

Ignacio José Otero López

Director xeral de Comunicación Social

e Audiovisual

ANEXO

O Consello da Xunta de Galicia, en reunión do día 22 de marzo de 2002 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Outorga-la concesión definitiva para a posta en funcionamento dunha emisora, de carácter municipal, para a súa explotación en réxime de xestión directa do servicio de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia a favor do Concello de Catoira, logo de concesión do dominio público para a explotación do servicio e autorización da posta en funcionamento outorgada pola Secretaría de Estado das Telecomunicacións e para a Sociedade da Información, con suxeición ás normas contidas contidas no artigo 26 e disposición adicional sexta da Lei 31/1987, do 18 de decembro, de ordenación das telecomunicacións, así como o establecido na Lei 11/1998, do 24 de abril, xeral de telecomunicacións, no Real decreto 169/1989, do 10 de febreiro, polo que se aproba o Plan Técnico Nacional de Radiodifusión Sonora en FM, o Real decreto 1388/1997, do 5 de setembro, que amplía as frecuencias do dito plan, no Real decreto 1273/1992, do 23 de outubro, polo que se regula o outorgamento das

concesións demaniais do dito servicio ás corporacións locais, e na orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 25 de febreiro de 1992 (DOG nº 50, do 12 de marzo seguinte) que abre o prazo de presentación de solicitudes de emisoras de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia para a súa explotación polas corporacións locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

O Concello de Catoira solicitou a concesión dunha emisora en ondas métricas con modulación de frecuencia ó amparo do Decreto 156/1989, do 27 de xullo, modificado parcialmente polo Decreto 35/1992, do 6 de febreiro, que regula o procedemento de concesión de emisoras de FM. A concesión provisional deste servicio foille outorgado, con carácter provisional, por acordo do Consello da Xunta de Galicia do 4 de marzo de 1994.

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo adoptará as medidas necesarias para a execución deste acordo, conforme coas funcións que lle atribúe o Decreto 8/1998, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a estructura orgánica da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

A frecuencia asignada queda condicionada, de se-lo caso, ó trámite de coordenación internacional.

Características técnicas

Provincia: Po.

Concello: Catoira.

Frecuencia (MHz): 107.1.

Coordenadas:

42º 40' 04'' N.

08º 43' 17'' W.

Cota (m): 20.

Denominación da emisión: 256KF8EHF.

Potencia radiada aparente máxima (w): 50.

Potencia máxima nominal do equipo transmisor (w): 20.

Potencia de saída autorizada do equipo transmisor (w): 16.

Sistema radiante: 2 Dipolos, omnidireccional.

Altura sobre o chan do centro eléctrico da antena (m): 15.

Altura do mastro sobre o chan: 18.

Altura efectiva máxima (m): 25.

Polarización: circular».

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA