Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 16 de abril de 2002 Páx. 5.144

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 11 de marzo de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación da resolución do expediente sancionador 36/29/2001, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último enderezo coñecido que así mesmo se indica), a resolución do expediente sancionador nº 36/29/2001, por infracción en materia de defensa do consumidor.

Contra a dita resolución, que non porá fin á vía administrativa, pódese interpoñer recurso de alzada perante o presidente do Instituto Galego de Consumo no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da recepción desta notificación, de conformidade co disposto nos artigos 107, 114 e 115 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Expediente: 36/29/2001.

Inculpado: José A. Soliño Electrogás, S.L.

Enderezo: rúa F. J. Navarrete, 10, interior, local 8, Pontevedra.

Motivos: incumprimento da normativa que regula os dereitos dos consumidores no servicio de reparación de aparatos de uso doméstico.

Data do acordo de incoación: 20-8-2001.

Data da proposta de resolución: 7-11-2001.

Alegacións do expediente: non presenta escrito no seu descargo.

Preceptos infrinxidos: artigos 3.1º, 8.1º, epígrafes 1 e 2 e 8.2º do Real decreto 58/1998, do 29 de xaneiro, sobre protección dos dereitos do consumidor no servicio de reparación de aparellos de uso doméstico.

Preceptos sancionadores: artigos 3.3.4 e 3.3.6 do Real decreto 1945/1983, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da producción agroalimentaria.

Sanción: 240 euros.

Pontevedra, 11 de marzo de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra