Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 16 de abril de 2002 Páx. 5.145

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2002 pola que se anuncia a convocatoria dun concurso público aberto, con tramitación urxente, para a contratación dunha consultoría e asistencia consistente na codificación de literais, validación, imputación e axuste de cifras do ficheiro do Censo de Poboación e Vivenda 2001.

En virtude das facultades conferidas na vixente normativa de contratación, anúnciase a licitación dun contrato suxeito ás seguintes bases:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Estatística (IGE).

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio Técnico Xurídico e de Contratación.

c) Nº de expediente: 640.1/1.0.1/01.

2. Obxecto do contrato:

Descrición do obxecto: codificación de literais, validación, imputación e axuste de cifras do ficheiro do Censo de Poboación e Vivenda 2001, estructurado en dúas fases:

Fase A: codificación de literais das variables xeográficas (concellos, provincias e países) ata un máximo de 600.000, e das variables de actividade (rama de actividade e ocupación) ata un máximo de 350.000.

Fase B: validación da información, imputación da falta de resposta, axuste ás cifras oficiais e tabulación básica das principais variables a nivel municipal e provincial.

3. Prazo de execución: catro meses e medio.

4. Tramitación, forma e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Forma: concurso público.

c) Procedemento: aberto.

5. Orzamento base de licitación: 113.100 euros, desagregado do seguinte xeito: para a fase A, 53.000 euros, cos seguintes prezos unitarios máximos: 0,03 euros para literais xeográficos e 0,10 euros para literais de actividade, e para a fase B, 60.100 euros.

6. Garantía provisional: 2.262 euros.

7. Admisión de variantes: non se admiten.

8. Obtención de documentación e información: poderán retirala no Negociado de rexistro do IGE, complexo administrativo San Lázaro s/n, Santiago de Compostela CP 15703. Teléfono 981 54 13 21 e fax 981 54 13 23.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través da Internet, no seguinte enderezo:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=1036

9. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: non se esixe.

Outros requisitos: os especificados no prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Presentación de ofertas: presentaranse, de conformidade co previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, no prazo de oito días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro do IGE, de 9 ás 14 horas ou en calquera dos lugares establecidos

no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

No caso de que as proposicións se envíen por correo, haberá que aterse ó disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

11. Apertura de ofertas económicas: o sexto día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación das proposicións, ás 12 horas, nas dependencias do IGE; en caso de cadrar en sábado, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

12. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2002.

José Antonio Campo Andión

Director do Instituto Galego de Estatística