Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 16 de abril de 2002 Páx. 5.146

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (PES 4/2000).

O Pleno do Concello, en sesión realizada o 18 de febreiro de 2002, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro: emenda-lo documento de aprobación definitiva do Plan Especial de Protección e Recuperación do Castro de Elviña e Protección da Paisaxe Natural, consistente en:

-O artigo 3.1.4 do plan especial aprobado definitivamente contén a seguinte redacción:

«Artigo 3.1.4. Proxectos de edificación.

A execución de cada unha das construccións e edificacións previstas polo presente plan especial, requirirán a aprobación dun proxecto arquitectónico previo, que será aprobado pola Comisión de Goberno municipal.

No caso de que as edificacións que se pretendan realizar, estiveran incluídas nalgún dos ámbitos definidos no artigo 2.1.3 do presente plan especial, unha vez acordada a súa execución ou concedida a licencia, deberá notificarse a mencionada autorización á Consellería de Cultura no prazo de dez días».

Substituirase pola seguinte:

«Artigo 3.1.4. Proxectos de edificación.

A execución de cada unha das construccións e edificacións previstas polo presente plan especial, requirirán a aprobación dun proxecto arquitectónico previo, que será aprobado pola Comisión de Goberno municipal.

No caso de que as edificacións que se pretendan realizar, estiveran incluídas nalgún dos ámbitos definidos no artigo 2.1.3 do presente plan especial, requirirán ademais autorización da Comisión de Patrimonio da Consellería de Cultura da Xunta».

-Engadirase o seguinte artigo:

«Artigo 3.1.5. Informes da Consellería de Cultura.

Tódolos plans, programas e proxectos de execución do presente plan especial que estiveran incluídos nalgún dos ámbitos definidos no artigo 2.1.3, requirirán o informe preceptivo e vinculante da Consellería de Cultura».

Segundo: valida-lo documento de aprobación definitiva coa súa emenda.

Terceiro: notifica-lo presente acordo á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural así como á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Cuarto: publica-lo presente acordo no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

Quinto: contra este acordo cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte a aquel no que se practicou a notificación, ou, se é o caso, a publicación, aínda que previamente, e con carácter potestativo, cabe interpor recurso de reposición perante o propio órgano que dictou o acordo no prazo dun mes. Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición, o prazo para interpo-lo contencioso-administrativo será de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación ou, noutro caso, o de seis meses, contados desde a desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes desde a interposición do recurso de reposición.

O que se publica para xeral coñecemento e efectos previstos neste acordo.

A Coruña, 28 de febreiro de 2002.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo