Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 16 de abril de 2002 Páx. 5.144

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador P-EN-14/2001 (espacios naturais-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e lei do procedemento administrativo común, notifícaselle á persona que no anexo se menciona, a resolución do dito expediente, por infracción a Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

1. Contra a dita resolución, caberá de conformidade co establecido nos artigos 107.1º, 114 e 115 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a interposición de recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galicia no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da recepción da notificación. Transcorrido o devandito prazo sen terse interposto o recurso, a resolución será firme para tódolos efectos, sen prexuízo, de se-lo caso, da procedencia do recurso extraordinario de revisión.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fora presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

2. O importe da sanción así como o da indemnización, farase efectivo en Caixa Galicia mediante os impresos que ten a súa disposición na Delegación Provincial de Medio Ambiente en Pontevedra (r/ Benito Corbal, nº 47-5ª planta) nos prazos seguintes:

a) As notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do mes seguinte ou o inmediatamente hábil posterior.

b) As notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes seguinte ou o inmediato hábil posterior.

De non facelo dentro do prazo sinalado procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

3. O rescate do comisado, no caso de que se trate de utensilios de uso lícito, poderá obterse logo de pagamento da contía total da sanción e indemnización dentro do prazo establecido no parágrafo anterior.

Pontevedra, 5 de marzo de 2002.

José Antonio López Rodríguez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: P-EN-14/2001.

Denunciado: Arturo Novas Pérez, enderezo r/ Balea Martítima, nº 62, O Grove.

DNI: 35247423-S.

Feitos denunciados: recheo de pedras, entullo e terra nunha parcela dentro dos límites do espacio natural Umía-O Grove, para o cal o propietario non ten autorización favorable do Servicio do MAN, feitos denunciados ás 11.30 horas do día 29-3-2001 no lugar de Balea-Bodeira.

Data do acordo da incoación: 21-5-2001.

Data do acordo da proposta: 9-7-2001.

Proposta: sancionar a Arturo Novas Pérez con multa de 450,76 euros.

Alegacións a proposta: non presenta escrito no seu descargo.

Feitos probados: vertedura de entullo e terra sen autorización do Servicio de MAN nunha leira dentro dos límites do espacio natural.

Precepto infrinxido: artigo 38.2º da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres, en relación co Decreto 157/1995, do 3 de xuño, polo que se inclúen as zonas demandadas Umía-O Grove, A Lanzada, Lagoa Bodeira e punta Carreirón no rexistro xeral de Espacios Naturais de Galicia.

Precepto sancionador: artigo 38 da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.

Circunstancias concorrentes: non se aprecian.

Sanción: multa de 450,76 euros e restauración do medio ó ser e estado previos ós feitos constitutivos da infracción no prazo dun mes contando a partir da data na que a resolución adquira firmeza, transcorrido o dito prazo impoñeránselle multas coercitivas reiteradas ata o total cumprimento do ordenado.