En cumprimento do disposto nos artigos 78 e 180 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, que aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, e conforme o modelo establecido polo Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, de desenvolvemento parcial da dita lei, publicado no Boletín Oficial del Estado nº 70, do 21 de marzo, publícase o seguinte anuncio de licitación para a contratación da subministración de cintas de vídeo VHS para a Administración de xustiza.
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: subministración de cintas de vídeo VHS para a Administración de xustiza.
b) División por lotes: non.
c) Lugar de entrega: o que sinale a Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.
d) Prazo de entrega: quince días contados desde a da data da sinatura do contrato.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Orzamento base da licitación.
Importe total: 30.000 euros, IVE incluído.
5. Garantías.
a) Provisional: 2% do orzamento de licitación: 600 euros.
b) Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Secretaría Xeral.
b) Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.
d) Teléfonos: 981 54 62 28/54 45 17.
e) Fax: 981 54 46 96.
f) Así mesmo, tamén se poderá obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion.
g) Data límite de obtención de documentos e información: a mesma que para a presentación de ofertas.
7. Requisitos específicos do contratista.
Poderán presentarse a este concurso e formula-las conseguintes proposicións, con suxeición ás cláusulas deste prego e ó de condicións técnicas, as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que, tendo plena capacidade de obrar, non estean comprendidas nalgunha das circunstancias enumeradas no artigo 20 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, e tamén no artigo 23 cando se trate de empresas estranxeiras non comunitarias.
8. Presentación das ofertas.
a) Data límite da presentación: o prazo de presentación das ofertas comezará o día seguinte ó da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará o oitavo día natural, ás 14 horas, agás que o último día fose sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó primeiro día hábil seguinte.
b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.
c) Lugar de presentación:
1ª Entidade: rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.
2ª Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta.
3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.
d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.
e) Admisión de variantes: non.
9. Apertura das ofertas.
a) Lugar: sala de xuntas Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.
b) Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.
d) Data: terá lugar en acto público, na sala de xuntas da consellería, o quinto día hábil seguinte ó da data de remate do prazo de presentación das proposicións; de coincidir en sábado, trasladarase ó primeiro día hábil seguinte.
e) Hora: 9 horas.
10. Gastos do anuncio: será por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 5 de abril de 2002.
María José Cimadevila Cea
Secretaria xeral da Consellería de Xustiza,
Interior e Relacións Laborais