Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 16 de abril de 2002 Páx. 5.142

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se anuncia concurso público para a subministración de mobiliario de oficina con destino os órganos xudiciais de Galicia.

En cumprimento do disposto nos artigos 78 e 180 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, que aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, e conforme o modelo establecido polo Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, de desenvolvemento parcial da dita lei, publicado no Boletín Oficial del Estado nº 70, do 21 de marzo de 1996, publícase o seguinte anuncio de licitación para a contratación da subministración de mobiliario de oficina con destino os órganos xudiciais de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxeto do contrato.

a) Descrición do obxeto: subministración de mobiliario de oficina con destino os órganos xudiciais de Galicia.

b) División por lotes: non.

c) Lugar de entrega: o que indique a secretaria xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

d) Prazo de entrega: un mes contado desde o día seguinte ó da data da sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

Este expediente de contratación tramítase como expediente anticipado de gasto, e a súa adxudicación queda sometida á condición suspensiva de existencia de crédito adecuado e suficiente.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 100.000 euros, IVE incluído.

5. Garantías.

a) Provisional: 2% do orzamento de licitación: 2.000 euros.

b) Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral.

b) Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfonos: 981 54 62 28/981 54 45 17.

e) Telefax: 981 54 46 96.

f) Así mesmo, tamén se podera obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion

g) Data límite de obtención de documentos e información: a mesma que para a presentación das ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Poderán presentarse a este concurso e formula-las conseguintes proposicións, con suxeición ás cláusulas deste prego e ó de condicións técnicas, as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras que, tendo plena capacidade de obrar, non estean comprendidas nalgunha das circunstancias enumeradas no artigo 20 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, que aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, e tamén no artigo 23 cando se trate de empresas estranxeiras non comunitarias.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite da presentación: o prazo de presentación de ofertas comezará o día seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG e rematará o oitavo día natural, ás 14 horas, agás que o último día fose sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

2ª Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses contados a partir da data de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas.

a) Lugar: sala de xuntas da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

b) Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Data: terá lugar en acto público o quinto día hábil seguinte ó da data de remate do prazo de presentación das proposicións; de coincidir en sábado ou en día inhábil, trasladarase ó primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 9.15 horas.

10. Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2002.

María José Cimadevila Cea

Secretaria xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais