Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 15 de abril de 2002 Páx. 4.978

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE XINZO DE LIMIA

CÉDULA de notificación (201/2001).

No procedemento de referencia dictouse resolución do teor literal seguintes:

Sentencia: en Xinzo de Limia, o cinco de marzo de dous mil dous, vistos por min, Ana González Lorenzo, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Xinzo de Limia e o seu partido xudicial, os autos de garda e custodia e alimentos seguidos por instancia de Nieves Jimeno Donado, representada polo procurador Lino Fernández Pérez e defendida pola avogada López Lama, contra Francisco Baños Couso, declarado en rebeldía, e atendento ós seguintes, dictamino:

Que con estimación da demanda formulada polo procurador Lino Fernández Pérez, en nome e representación de Nieves Jimeno Donado, contra Francisco Baños Couso, debo, acordar e acordo:

1. Atribuírlle a Nieves Jimeno Donado a garda e custodia de Nahum, Ramón Manuel e Samuel Baños Jimeno. 2. Fixar en concepto de pensión por alimentos, a favor de Nahum, Ramón Manuel e Samuel Baños Jimeno e a cargo de Francisco Baños Couso, a cantidade de catrocentos vinte euros con setenta e un céntimos mensuais (420,71), que será ingresada na conta que designe a demandante ou a través de calquera xiro postal ou bancario, por anticipado e dentro dos cinco primeiros días de cada mes, e que se actualizará anualmente conforme as variacións que experimente o IPC segundo os índices que elabore o Instituto Nacional de Estatística ou organismo que cumpra as súas funcións. 3. Establece-lo seguinte réxime de visitas do pai en favor dos fillos: o pai desfrutará da compañía dos seus fillos unha fin de semana ó mes e as pontes escolares, ademais das vacacións de Semana Santa, a metade das vacacións de Nadal e un mes e medio durante as vacacións de verán. Non se fai pronunciamento sobre custas.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Ourense que, se é o caso, deberá prepararse antes este xulgado no prazo dos cinco días seguintes á súa notificación.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Francisco Baños Couso, esténdese a presente cédula para que sirva de cédula de notificación.

Xinzo de Limia, doce de marzo de dous mil dous.

O secretario

Rubricado

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA