Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 15 de abril de 2002 Páx. 4.979

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2002 pola que se convoca a contratación dunha asistencia técnica para a composición, impresión, publicación e distribución do Diario Oficial de Galicia, polo sistema de concurso aberto.

Obxecto: contratación dunha asistencia técnica para a composición, impresión, publicación e distribución do Diario Oficial de Galicia.

Prazo de execución: dous anos.

Orzamento: 1.863.100 euros.

Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá solicitarse na Subdirección Xeral de Contratación da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, situada no edificio central do complexo administrativo de San Caetano, 2ª planta, en Santiago de Compostela e no enderezo da Internet htt//www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=1032.

Garantía provisional: 37.262 euros.

Garantía definitiva: 74.524 euros.

Modelo de proposición: o que figura como anexo ó prego de prescricións técnicas.

Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, sito na planta baixa de edificio administrativo central de San Caetano, Santiago de Compostela, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. O prazo de admisión rematará ás catorce horas do día 23 de maio do ano 2002.

No exterior dos sobres expresarase o seguinte texto: «Proposición para tomar parte no concurso convocado pola Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública da Xunta de Galicia para a contratación da asistencia técnica

para a composición, impresión, publicación e distribución do Diario Oficial de Galicia, que presenta..... (en nome propio ou da entidade que representa)».

Apertura de proposicións: en acto público, nunha das salas de reunións da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública (soto do edificio central de San Caetano) ás 10 horas do día 3 de xuño do ano 2002.

Data de envío deste anuncio ó Diario Oficial das Comunidades Europeas: 2 de abril de 2002.

O importe dos anuncios relativos ó presente concurso serán por conta do adxudicatario, que deberá aboalos con antelación á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 2 de abril de 2002.

P.D. (Orde 18-12-2001, DOG do 19 de decembro)

Pablo Figueroa Dorego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia

Relacións Institucionais e Admnistración Pública