Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 15 de abril de 2002 Páx. 4.978

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CARBALLO

EDICTO (536/2001).

Óscar Méndez Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Carballo, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 536/2001 se dictou sentencia, cun encabezamento e parte dispositiva que di:

«En Carballo, 14 de marzo de 2002.

María D. Rivas Navarro, titular do Xulgado de Instrucción número dous desta cidade e o seu partido xudicial, tendo visto e oído en xuízo oral e público esta causa de xuízo de faltas contra a orde pública, rexistrada baixo o nº 536/2001, tramitada por instancia do axente da Garda Civil con nº de identificación B-63723-M, en calidade de denunciante, contra Alberto Martín Sánchez e María del Mar Martín Fernández, en calidade de denunciados, foi parte o Ministerio Fiscal.

Decido que condeno os denunciados María del Mar Martín Fernández e José Alberto Martín Sánchez, e como autores de dúas faltas contra a orde pública, á pena de trinta días de multa, cunha cota diaria dun euro con vinteún céntimos (1,21 euros), a cada un deles, o que fai un total de trinta e seis euros con trinta céntimos, esta cantidade deberá ser satisfeita no prazo de dez días desde a data desta sentencia, prevíndoos de que, en caso de non a satisfacer e logo da exacción dos seus bens, quedarán suxeitos a unha responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade, por cada dúas cotas diarias non satisfeitas, que poderán cumprirse en réxime de arresto de fin de semana. Todo isto con expresa en custas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, prevíndoas de que non é firme e que contra ela cabe interpor neste xulgado, recurso de apelación que resolverá a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Así por esta miña sentencia, da que se expedirá certificación ós autos, pronúncioo, mándoo e asínoo.».

E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia a María del Mar Martín Fernández, actualmente en descoñecido paradoiro, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Carballo, catorce de marzo de dous mil dous.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE XINZO DE LIMIA