Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 15 de abril de 2002 Páx. 4.977

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE BECERREÁ

EDICTO (161/2001).

Ulpiano González López, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia de Becerreá (Lugo).

Fai saber que nos autos que a continuación se dirán se dictou sentencia, cun encabezamento e dictame que son do teor literal seguinte:

«Sentencia.

Dada en Becerreá (Lugo), 12 de marzo de 2002.

Vistos por min, Ulpiano González López, xuíz único de Primeira Instancia e Instrucción de Becerreá (Lugo), os autos de xuízo verbal número 161/01, sobre constitución de servidume de paso, por instancia

da procuradora Olga Fernández Núñez, en nome e representación de Liberio Pereira Gago, que actúa no seu nome e no da comunidade hereditaria, asistido polo letrado José Manuel Pombo Injerto, contra:

Emilio, Valentín e Evaristo Souto Álvarez, os dous últimos en rebeldía.

María e Manuel Simón Souto e Eduviges Souto, os dous últimos asistidos pola letrada Paloma Becerra e representados pola procuradora María del Carmen Gómez Rodríguez.

Daniel Álvarez Fontal e Purificación Silva Álvarez, asistidos polo letrado Zósimo Orol e representados polo procurador Manuel Blas Pérez e coherdeiros do señor Fontal, en rebeldía estes últimos.

Francisco (asistido pola letrada Paloma Becerra), María, Carmen Paz, Elvira, Adelina, José, Manuel e Edmundo Silva Álvarez e Manuel Rodríguez, todos en rebeldía, salvo o primeiro.

José María, Alicia, Celia, César, Hilario, Victoria e Carmen e herdeiros de Manuel Gago López, en rebeldía salvo os catro primeiros.

Abelardo Álvarez e Isaura Sánchez López, asistidos pola letrada Paloma Becerra e representados pola procuradora María del Carmen Gómez Rodríguez e Anuncia e Carmen Sánchez López, ambas en rebeldía.

Marcial Cela Lage y Florentina Fernández Freijo, Gloria, Elvira, María, Silverio e herdeiras de José (Iria e Sara Cela Valcárcel) Cela Lage, en rebeldía salvo os dous primeiros.

Gerardo Rubio e Hipólito Gómez, asistidos polo letrada Paloma Becerra e representados pola procuradora María del Carmen Gómez Rodríguez, Valentín Gómez, María Carballo Rubio e Marta Rodríguez López, en rebeldía os tres últimos.

Dictamino: estimo que a demanda interposta pola procuradora Olga Fernández Núñez en nome e representación de Liberio Pereira Gago e comunidade hereditaria, e declaro constituída a servidume forzosa de paso a favor do predio do demandante sito en Follobal, Torés, As Nogais, Lugo, coñecido como Senra ou Vilariña, dunha extensión aproximada de 2.760 metros cadrados, cuns lindes que son: ó norte, con Francisco Silva, sur, herdeiros de José Souto Iglesias e Daniel Álvarez Fontal; leste, herdeiros de José Souto Iglesias e ó oeste, herdeiros de José Gago; cun itinerario que discorrerá polo predio dos codemandados, Daniel Álvarez Fontal e Purificación Silva Álvarez, representados polo procurador Manuel Blas Pérez e coherdeiros de Daniel Álvarez Fontal, en rebeldía, denominada Cortiña da Cancela, itinerario que será sinalado como 1 da pericial da demandante e que discorrerá no modo sinalado no fundamento terceiro, cun largo máximo de tres metros de uso permanente e para tódalas necesidades do

predio dominante, debendo indemniza-la deman

dante ós codemandados coa cantidade de 30.618 ptas.; todo iso sen facer especial imposición de custas.

Así o acordo e asino.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación para ante a audiencia provincial, que poderá interpoñerse no prazo de cinco días neste xulgado».

E para que conste e publicación no DOG, para que sirva de notificación en forma á demandada, expido e asino este edicto en Becerreá, catorce de marzo de dous mil dous.

O xuíz

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS

DE CARBALLO