Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 12 de abril de 2002 Páx. 4.831

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/284-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Enderezo social: travesía de Vigo 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T. Baíña-Cabildo.

Situación: Concello de Baiona.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 166 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o apoio nº 27 da L.M.T. circunvalación Baiona ata o apoio nº 1 da L.M.T. Baíña-Cabildo que se proxecta. L.M.T., aérea, a 20 kV, de 1,792 m de lonxitude, con conductor tipo LA-110, sobre apoios de formigón, desde o apoio nº 1 da L.M.T.A en proxecto ata o apoio nº 16 da L.M.T.A. en proxecto Baíña-Cabildo. Toda a instalación está situada no Concello de Baiona.

Realizada a información pública e a notificación individual a cada un dos propietarios afectados, presentou o do predio 7 e 8 as seguinte alegacións: que non teñen información sobre o contido do proxecto, que afectaría a unha porción de monte na que teñen previsto construír unha casa de cultura, que o trazado afectaría ós mananciais de auga e que causaría un grande impacto, que a lexislación en materia de montes veciñais non permite cesións indefinidas senón cesións temporais dun máximo de 30 anos, polo que se opoñen ó proxecto por non estar xustificada nin a súa utilidade pública nin sequera a necesidade de execución. Enviado o escrito a Fenosa, esta contesta que se buscou un trazado no que as afeccións a particulares fosen mínimas, seguindo no posible o límite inferior de afección da autoestrada e con treitos subterráneos e que os montes só poderán ser obxecto de expropiación por causa de utilidade pública ou interese social prevalente ós da comunidade de montes veciñais.

Tendo en conta que o trazado da liña discorre na súa maior parte polo predio nº 7 seguindo un camiño, que o tramo entre os postes 13 e 14 xa existía polo que só se vai cambia-lo conductor co que a afección no dito tramo se mantén, e que no último tramo, dada a pendente, vai manter unha altura sobre o terreo superior na súa maior parte ós 10 metros, esta delegación entende que o trazado da liña se realizou tratando de afectar o menos posible non só a masa forestal senón outros posibles intereses. En canto á alegación do descoñecemento,

a información pública realizada e a posta a disposición da comunidade autónoma do proxecto correspondente nesta delegación as invalidan.

Vistos e cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos II e V do Real decreto 1995/2000, esta delegación provincial resolve:

Autorizar, declarar, en concreto, a utilidade pública da instalación e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita os bens afectados, así como a aprobación do proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do Real decreto 1995/2000, será de vintecatro meses a partir da recepción da presente resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

Pontevedra, 25 de febreiro de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra