Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 12 de abril de 2002 Páx. 4.831

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/123-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32003 Ourense.

Denominación: subestación 132/20 kV Saceda entroncamento S. Cibrao-O Carballiño.

Situación: Ourense.

Descricións técnicas: subestación transformadora composta por módulos compactos de intemperie, transformador de potencia 15 MVA, e r/t 132/20 kV co seu mando, telecontrol e proteccións, alimentado pola liña a 132 kV San Cibrao-O Carballiño; o edificio que alberga as celas de 20 kV co seu mando, control, proteccións e medida; o transformador para servicios auxiliares de 50 kVA r/t 20.000/400 V, o telecontrol e demais elementos.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente ó seu dereito.

Ourense, 27 de febreiro de 2002.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense