Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 12 de abril de 2002 Páx. 4.830

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/416-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Fenosa, S.A.

Enderezo social: avda. de García Barbón 38, 36201 Vigo.

Denominación: enlace L.M.T. O Cerquido.

Situación: Tui, O Porriño e Salceda de Caselas.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 15 kV, de 1.469 m de lonxitude, con conductor tipo LA-110, sobre apoios de formigón e metálicos, desde o apoio 62 da L.M.T. ATI 7.19, ata o apoio 39 da L.M.T. ATI 7.10, concellos de Tui, O Porriño e Salceda de Caselas.

Realizada a información pública correspondente, presentaron alegacións os propietarios dos predios seguintes:

Predio 10 e 39. Xuntan certificación do concello conforme o 39 está situado en zona cualificada de solo apto para urbanizar, polo que a expropiación causaría unha perda patrimonial absoluta. Trasladado o escrito á empresa eléctrica, esta contesta que a liña se sitúa dentro dos metros de recuamento

que marca o Plan parcial nas parcelas cualificadas como aptas para urbanizar, polo que non impediría a futura edificación. Dáse traslado do escrito á alegante, reiterándose esta no seu escrito inicial.

Predio 31. Baseándose as alegacións en que a empresa eléctrica terá que valora-la plantación de árbores no seu predio, así como o dereito de paso e a ocupación temporal do terreo. Trasladado o escrito á empresa eléctrica, esta contesta que as valoracións económicas serán realizadas no momento do levantamento das actas previas. En posteriores escritos a alegante ratifícase no seu primeiro escrito.

Finca 40. Autorizan o paso da liña, pero condicionando as distancias. Trasladado o escrito á empresa eléctrica, esta acepta as condicións.

Finca 41. Solicitan que lles expliquen sobre o terreo o paso da liña, o que realizou a empresa eléctrica comprobándose un erro na afección, que foi rectificado este. Deuse traslado do escrito ó alegante, non contestando este no prazo establecido para iso.

Tendo en conta que no predio 39 a liña discorre sobrevoando a linde co nº 38, sen que se poida evitar que sobrevoe aquel e sen que caiba un mellor trazado alternativo; que no predio nº 31 as alegacións formuladas o son no sentido da valoración da indemnización e que esta deberá ser resolta polo xurado de expropiación no seu momento sen que por tanto afecte á cuestión da autorización; que no predio nº 40, ó haber acordo entre a empresa e o propietario, a solución adoptada non afecta á autorización; e que no nº 41 ó corixi-lo erro da afección desapareceu o motivo da alegación formulada polo titular.

Vistos e cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar, declarar en concreto, a utilidade pública da instalación e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita os bens afectados así como a aprobación do proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

Pontevedra, 22 de febreiro de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra