Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 12 de abril de 2002 Páx. 4.824

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE LUGO

EDICTO (6/2002).

Inmaculada Curto López, secretaria do Xulgado do Social número dous dos de Lugo, en funcións do número un, dou fe e testemuño de que nos autos de xuízo número 6/2002, seguidos por instancia de Gerardo Vázquez Canto contra a empresa Aplicaciones de Gases Combustibles, S.L. e outro sobre cantidade, se dictou a sentencia cun encabezamento e decisión que di:

«Sentencia. En Lugo o sete de marzo de dous mil dous.

Vistos por María de los Ángeles Andrés Vega, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número un dos de Lugo, estes autos de xuízo verbal nº 6/2002, sobre reclamación de cantidade, no que son partes, como demandante, Gerardo Vázquez Canto, representado polo letrado Xermán Vázquez Díaz e, como parte demandada, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), representado polo letrado José Carlos Pérez

Vázquez. Non compareceu a empresa demandada Aplicaciones de Gases Combustibles, S.L., malia estar citada en legal forma.

Decido que estimando substancialmente a demanda interposta por Gerardo Vázquez Canto contra a empresa Aplicaciones de Gases Combustibles, S.L., debo condenar e condeno a empresa demandada a lle aboar ó demandante a cantidade bruta de mil cento oitenta e atro euros con cincuenta e catro céntimos de euro (1.184,54 euros), polos conceptos expresados no segundo dos feitos probados desta resolución, sen a recarga do 10% por mora salarial.

Absólvese o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sen prexuízo da eventual responsabilidade subsidiaria que puidese alcanzalo en caso de se declara-la insolvencia empresarial.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, coa advertencia de que contra ela non cabe ningún recurso, polo que se declara a súa firmeza (ex artigos 189.1º TRLPL, 100 da LPL e 248.4º LOPX).

Así, por esta miña sentencia definitiva, da que se levará testemuño ós autos pronúncioo, mándoo e asínoo. María de los Ángeles Andrés Vega. Rubricado.

Publicación. A anterior sentencia foi lida e publicada pola maxistrada que a subscribe, que estaba celebrando audiencia pública no día da súa data, do que eu, secretario, certifico. Rafael González Alió. Rubricado».

Concorda ben e fielmente co orixinal, e para que sirva de notificación en forma á empresa Aplicaciones de Gases Combustibles, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, en Lugo o sete de marzo de dous mil dous.

Rubricado