Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 12 de abril de 2002 Páx. 4.825

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2002, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se fai pública a adxudicación do concurso público, polo procedemento aberto e tramitación urxente, para a adquisición de moblaxe con destino ó arquivo central do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo.

En cumprimento do disposto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das

administracións públicas, faise pública a adxudicación do seguinte contrato de obras:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Economía e Facenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral e do Patrimonio.

c) Nº de expediente: 32/2001.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: adquisición de moblaxe con destino ó arquivo central do edificio administrativo de Vigo.

c) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 236, do 7 de decembro de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: douscentos corenta mil catrocentos catro euros e oitenta e catro céntimos (240.404,84), IVE incluído.

5. Adxudicación.

a) Data: 20 de decembro de 2001.

b) Contratista: Eypar, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: douscentos trece mil seiscentos noventa e sete euros e setenta e oito céntimos (213.697,78) IVE incluído.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2002.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería

de Economía e Facenda