Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 12 de abril de 2002 Páx. 4.824

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (217/2001).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 217/2001, por instancia de José López Verdía contra o Instituto Nacional de Emprego e a empresa Macobe, S.A. sobre prestacións, nos que recaeu sentencia en data 28-2-2002 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Que estimando a demanda promovida por José López Verdía contra o Instituto Nacional de Emprego e contra a empresa Macobe, S.A., debo declarar e declaro que a base reguladora diaria da prestación de desemprego recoñecida ó demandante e de 4.944 pesetas (29,71 euros), condenando o demandado Instituto Nacional de Emprego a estar e pasar pola anterior declaración e ó aboamento da prestación na contía correspondente conforme a esta base reguladora. E á empresa codemandada a lle reintegrar á entidade xestora o importe da prestación recoñecida de conformidade co declarado anteriormente.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este xulgado do social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Macobe, S.A., expido e asino esta cédula na Coruña o 11 de marzo de 2002.

Secretaria xudicial

Rubricado