Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 12 de abril de 2002 Páx. 4.823

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE VILAGARCÍA DE AROUSA

EDICTO (295/2001).

Begoña Acha Barral, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Vilagarcía

de Arousa fai saber que no dito xulgado e co nº 295/2001 se tramita procedemento de execución de títulos xudiciais por instancia de Juana Carmen Melón García contra María de la Concepción González Rodríguez, José Juan Melón González, Rosa Melón González, Cristina Melón González, Elena Melón García, Ramón Melón García, Rosa Melón García, Juan Pablo Melón García, no que por resolución desta data se acordou sacar a pública poxa, os bens que logo se dirán, sinalándose para que o acto de remate teña lugar nas dependencias deste xulgado (4ª planta), o día 13 de maio de 2002, ás 10 horas.

As condicións particulares da poxa son as seguintes:

Primero.-A poxa dos bens realizarase de modo independente (por lotes), posibilitando que os licitadores, logo da súa identificación e unha vez comprobado que cumpren os requisitos esixidos, poidan participar na poxa dun calquera dos predios ou lotes, ou en ambos.

Segundo.-A oferta mínima será o prezo de taxación fixado para cada un dos predios ou lotes que se van poxar, non admitíndose oferta que non supere a mínima.

Terceiro.-Poderá concorrer á poxa calquera persoa física ou xurídica que antes do inicio desta xustifique de modo fidedigno ter depositado na conta de depósitos e consignacións do xulgado o 20% da oferta mínima de cada un dos lotes ou predios na poxa dos cales desexe participar (Banco de Bilbao Vizcaya S.A. nº 3657), facéndose consta-lo número e ano do procedemento, requisito sen o cal non serán admitidos, non aceptándose entrega de diñeiro en metálico ou cheques.

Os copropietarios poderán participar na poxa sen necesidade de constituíren depósito, operando como garantía a súa cota de participación na propiedade dos predios.

Cuarto.-Os licitadores confórmanse cos títulos e certificación de cargas que quedan de manifesto na secretaría do xulgado para instrucción dos que queiran interesarse na poxa.

Bens que se sacan a poxa e o seu valor:

-Urbana. Casa de planta baixa, destinada a vivenda unifamiliar, situada na rúa Valentín Viqueira, 38, O Carril, Vilagarcía de Arousa, de 64 m de superficie, con terreo anexo á súa esquerda entrando, destinado a horta, de 51 m. Forma no seu conxunto un só predio que linda: fronte, con r/ Valentín Viqueira; dereita entrando, Ramón Castrogudín Melón; esquerda, rúa; fondo, r/ Cervantes. Inscrita no tomo 858, libro 285, folio 90, predio 26.836 do Rexistro da Propiedade de Vilagarcía de Arousa.

Taxada pericialmente para efectos de poxa en 162.577,86 euros.

-Rústica, denominada Rosa de Vilanova, a monte toxeiro e inculto, de 9 áreas e 25 centiáreas. Linda: norte Francisco Maneiro Calvo; sur, Manuel García Ramos; leste, camiño, oeste, Rúa da Rosa. Inscrita no tomo 858, libro 285, folio 92, predio 26.837.

Taxada para efectos de poxa en 78.251,78 euros.

Dado en Vilagarcía de Arousa o trece de marzo de dous mil dous.

O secretario

Rubricado