Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 12 de abril de 2002 Páx. 4.823

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 2002, da División de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, relativos á publicación de puntuacións e á anulación dalgunhas preguntas do terceiro ou cuarto exercicio da fase de oposición.

O punto 11 da base sexta a) da resolución da División de Recursos Humanos do Servicio Galego de

Saúde do 20 de marzo de 2001 (DOG nº 63, do 29 de marzo), pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, dispón que, se o tribunal, de oficio, ou de acordo coas reclamacións que os interesados poidan presentar, anúlase algunha ou algunhas das preguntas incluídas nun exercicio, o anunciará publicamente xunto coa publicación das puntuacións dos distintos exercicios da fase de oposición, nos taboleiros de anuncios dos servicios centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Sergas.

Á vista das impugnacións presentadas en prazo contra o terceiro exercicio de lingua galega da categoría de ATS/DUE do pasado día 19 de decembro de 2001 e do día 18 de marzo de 2002, así como do cuarto exercicio da categoría do grupo de xestión da función administrativa e do grupo técnico da función administrativa dos días 18 e 22 de marzo de 2002, respectivamente, os tribunais confirmaron o seu modelo de corrección definitivo de respostas correctas polo que, para este efecto, a estimación ou desestimación das ditas impugnacións enténdense implícitas nesta resolución que publica a listaxe de puntuacións outorgadas ós aspirantes.

Polo tanto, adoptado acordo sobre a anulación, se é o caso, de preguntas do terceiro ou cuarto exercicios da fase de oposición e sobre a publicación das puntuacións, procede agora darlle publicidade no DOG, facultándose para iso expresamente esta División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, polo que,

RESOLVE:

Primeiro.-Publica-las puntuacións acadadas polos aspirantes presentados ó terceiro exercicio da fase de oposición da categoría de ATS/DUE, e ó cuarto exercicio da categoría do grupo de xestión da función administrativa e do grupo técnico da función administrativa, así como anula-la pregunta nº 10 do exame da categoría de ATS/DUE do 19 de decembro de 2001, e a pregunta nº 7 do grupo técnico da función administrativa, que serán substituídas pola pregunta correlativa de reserva respectivamente.

Segundo.-Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o tribunal no prazo de cinco días naturais, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2002.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES

DE VILAGARCÍA DE AROUSA