Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 12 de abril de 2002 Páx. 4.804

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 20 de marzo de 2002 pola que se exime a Mancomunidade Turística dos Concellos do Carballiño, Ribadavia, Boborás e Leiro da obriga de mante-los postos propios de funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional.

O Pleno da Mancomunidade Turística dos Concellos do Carballiño, Ribadavia, Boborás e Leiro, da provincia de Ourense, en sesión extraordinaria celebrada o día 20 de febreiro de 2002, adoptou o acordo de solicita-la exención da obriga de mante-lo posto propio de secretaría-intervención reservado a funcionarios/as de Administración Local con habilitación de carácter nacional.

Na súa virtude, a Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, en aplicación do establecido no artigo 4 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, e no uso das facultades que lle confire o artigo 13.2º.17 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, en relación co artigo 241 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia,

DISPÓN:

Primeiro.-Eximi-la Mancomunidade Turística dos Concellos do Carballiño, Ribadavia, Boborás e Leiro da obriga de mante-lo posto propio de secretaría-intervención, reservado a funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Segundo.-As funcións reservadas ó antedito posto serán exercidas mediante o sistema de acumulación de funcións por un/ha funcionario/a de Administración local con habilitación de carácter nacional dalgún dos concellos que integran a mancomunidade, segundo a elección efectuada polo Pleno de conformidade co previsto nos artigos 4.3º e 31.2º do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo. A designación do/a funcionario/a será efectuada polo Pleno da Mancomunidade.

Contra a presente orde, que pon fín á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública