Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 12 de abril de 2002 Páx. 4.804

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 4 de abril de 2002 pola que se dispón o nomeamento de diversos vocais do Consello de Administración do Instituto Enerxético de Galicia (Inega).

Coa finalidade de nomea-los vocais do Consello de Administración do Instituto Enerxético de Galicia en representación da Consellería de Medio Ambiente e da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, e de conformidade co disposto no artigo 7.2º d) da Lei 3/1999, do 11 de marzo, de creación do Instituto Enerxético de Galicia (Inega),

DISPOÑO:

Artigo 1º

Nomear a José Luis Díez Yáñez, director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, vocal no Con

sello de Administración do Instituto Enerxético de Galicia en representación da Consellería de Medio Ambiente.

Artigo 2º

Nomear a Vicente Ruiz Soldevilla, subdirector xeral de Urbanismo e Arquitectura, como vocal no Consello de Administración do Instituto Enerxético de Galicia en representación da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2002.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Industria e Comercio

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA