Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 12 de abril de 2002 Páx. 4.804

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 4 de abril de 2002 pola que se dispón a separación de diversos vocais do Consello de Administración do Instituto Enerxético de Galicia (Inega).

Tralas modificacións producidas nas titularidades de centros directivos da Consellería de Medio Ambiente e na Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, faise necesaria a renovación dos seus representantes no Consello de Administración do Instituto Enerxético de Galicia.

Por isto, de conformidade co disposto no artigo 7.2º d) da Lei 3/1999, do 11 de marzo, de creación do Instituto Enerxético de Galicia (Inega),

DISPOÑO:

Artigo 1º

Separar a Francisco Pan-Montojo González da súa condición de vocal en representación da Consellería de Medio Ambiente no Consello de Administración do Inega, agradecéndolle os servicios prestados.

Artigo 2º

Separar a Antonio López Blanco da súa condición de vocal en representación da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, agradecéndolle os servicios prestados.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2002.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Industria e Comercio