Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2002 Páx. 4.758

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (548/2001).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 548/2001 por instancia de José Rodríguez Iglesias e outro contra Aluminios Deza, S.L. sobre salarios, nos que recaeu sentencia con data do 28-2-2002 que, copiada nos particulares necesarios di así:

«Fallo, que estimando a demanda promovida por José Rodríguez Lage contra a empresa Aluminios Deza, S.L. debo condenar e condeno a demandada a que lle aboe ós demandantes por tódolos conceptos reclamados en demanda, as cantidades seguintes: ó Sr. Rodríguez Lage, 2.034,21 A, (338.464 pesetas), e ó Sr. Rodríguez Iglesias 2.162,29 A (359.774 pesetas). Absólvese o Fondo de Garantía Salarial sen prexuízo da responsabilidade que no seu día puidera corresponderlle.

Así por esta miña sentencia, contra a que poderá recorrersen suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días contados desde o seguinte á súa notificación, anunciando o propósito de presentalo mediante comparecencia ou por escrito, sendo indispensable que, ó tempo de anuncialo, o recorrente, se é empresario, exhiba diante deste xulgado do social o xustificante acreditativo de ter depositado no Banco Bilbao Vizcaya, oficina principal desta cidade, na conta corrente deste xulgado, número 5.605, clave 60, a cantidade obxecto de condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista, requisito sen o cal non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Debendo consignar ademais a cantidade de 25.000 pesetas na mesma conta, clave 65, entregándose o xustificante na secretaría ó tempo de interpoñe-lo

recurso, declarándose este desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación a empresa Aluminios Deza, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña, 8 de marzo de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado