Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2002 Páx. 4.759

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2002, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Económia e Facenda, pola que se fan públicas as razóns que xustifican a utilización do procedemento de contratación directa no aluguer dun inmoble sito en Santiago de Compostela (A Coruña), para dependencias da Comunidade Autónoma de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 22.1 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e 55 do seu regulamento, e á vista das competencias que teño atribuídas conforme o Decreto 312/2000, do 28 de decembro,

RESOLVO:

Facer público que, por razón das necesidades do servicio que hai que satisfacer, se xustifica, logo da fiscalización da Intervención Delegada da Consellería de Economía e Facenda, e por proposta da Consellería de Industria e Comercio, a utilización do procedemento de contratación directa no aluguer dun inmoble sito na rúa Tomiño nº 17-19, baixo, de Santiago de Compostela (A Coruña), para a instalación de dependencias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2002.

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA