Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2002 Páx. 4.758

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (353/2001).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 353/2001 por instancia de Fremap Mutua Accidentes contra INSS e outras sobre outros, nos que recau sentencia en data 8-3-3003 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Que estimando a demanda formulada por Mutua premap, declaro a total responsabilidade da empresa Socime, S.L. nos accidentes sufridos polos traballadores demandados, polo que debe reintegrar á mutua demandante a cantidade de 450.212 pesetas, xa adiantadas por esta, sen prexuízo de se-lo caso, da responsabilidade subsidiaria do Instituto Nacional da Seguridade Social e Tesourería Xeral da Seguridade Social.

Absolvo da demanda os traballadores afectados Francisco Castro Álvarez e Mario Iglesias Fernández.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este Xulgado do Social, no prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ó da súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que

sirva de notificación en forma á empresa Socime, S.L. expido e asino esta cédula na Coruña, 8 de marzo de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado