Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2002 Páx. 4.754

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DA CORUÑA (SECCIÓN SEGUNDA)

EDICTO (3169/1999-JM).

Manuel Ferreiro González, secretario da sala da sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña, certifico que na apelacion civil nº 3169/1999-JM, procedente do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Corcubión, se dictou sentencia da que o encabezamento e parte dispositiva din:

«Número 399.

A Coruña, vintesete de setembro de dous mil.

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña, constituída por Mª José Pérez Pena, presidenta, Luis Barrientos Monge, Carmen Martelo Pérez.

En nome de El-Rei pronunciaron a seguinte sentencia:

«No recurso de apelación civil número 3169/1999-JM, procedente do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número uno de Corcubión, sobre declaración de paternidade e outros extremos (X.M. contía 35/1995) entre partes, dunha e como apelante os demandados Wenceslao Sar Romero; Francisco Javier Sar Romero, Aureliana Sar Romero, representados pola procuradora Neira López, e da outra e como apelado, o demandante José Luis Castiñeira Lires, representado pola procuradora Otero Llovo, o Ministerio Fiscal, como apelado-adherido

Fernando Suárez Lema, representado pola procuradora Lodos Pazos, e en situación procesual de rebeldía Enrique Castiñeira García e Elsa Lires Sánchez, con quen se entenderán as sucesivas dilixencias nos estrados deste tribunal.

Por auto con data do 30 de xullo de 1995, dictado polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Corcubión acordou a acumulación ós presentes autos cos de menor contía nº 87/1995, nos que consta como parte demandante José Luis Castiñeira Lires e como demandados: Ángel Feliciano Romero Castelo, Fernando, Luis Miguel, Rosa, Mercedes, Carmen, Magdalena Suárez Lema, Sara Castiñeiras Lires, os esposos Enrique Castiñeira García e Elsa Lires Sánchez, Wenceslao Sar Marcote, os herdeiros descoñecidos e incertos do falecido José Luis Romero Castelo. Foi relatora Carmen Martelo Pérez.

Decidimos que, con revogación parcial da sentencia dictada polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Corcubión, con data do 30 de xuño de 1999, aclarada por auto con data do 12 de xullo de 1999, declaramos que o demandante, José Luis Castiñeira Lires, como fillo do falecido José Luis Romero Castelo, é herdeiro forzoso del e como tal ten dereito a percibi-la lexítima do haber hereditario de José Luis Romero Castelo, declarando, así mesmo, a reducción da institución de herdeiro en proporción á parte de lexítima estricta á que ten dereito o demandante na masa computable e, se fose necesario, ata cubrir aquela porción, reduciranse os legados, mandas e demais disposicións testamenteiras en todo o demais, mantéñense os restantes pronuciamentos contidos na dita sentencia. Todo isto sen facer expresa imposición das custas causadas no recurso de alzada.

E ó xulgado de procedencia, líbrese a certificación correspondente con devolución dos autos que remitiu.

Así, por esta nosa sentencia, da que se levará certificación ó rolo de apelación civil, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste, expido e asino este edicto na Coruña, 11 de marzo de 2002

Rubricado