Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2002 Páx. 4.755

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DA CORUÑA (SECCIÓN SEGUNDA)

EDICTO (483/2001-M).

Manuel Ferreiro González, secretario da sala da sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña, certifico que na apelación civicl número 483/2001, procedente do Xulgado de Primeira Instancia número cinco da Coruña, se dictou sentencia da que o encabezamento e parte dispositiva di:

«Número 494.

A Coruña, vinteseis de novembro de dous mil un.

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña, constituída por María del Carmen Taboada

Caseiro, presidenta, Mª José Pérez Pena, Luis Barrientos Monge.

En nome de El Rei

Pronunciaron a seguinte sentencia:

No recurso de apelación civil número 483/2001-M, procedente do Xulgado de Primeira Instancia número cinco da Coruña, sobre reparacións necesarias en xuízo de cognición entre partes, dunha e como apelado Celso Béjar Vázquez, representado polo procurador Estévez Doamo, e da outra e como apelante, a comunidade de propietarios da casa nº 9 da rúa Curros Enríquez, representada polo procurador Tovar Espada e como demandado, en situación de rebeldía procesual, os herdeiros descoñecidos e incertos de Antonio Pérez Cobas, con quen se entenderán as sucesivas dilixencias nos estrados deste tribunal. É relatora María del Carmen Taboada Caseiro.

Decidimos que, desestimando o recurso de apelación interposto contra a sentencia dictada pola maxistrada xuíza de primeira instancia número cinco da Coruña, xuízo de cognición nº 410/1997, debemos confirmar e confirmámo-la dita resolución e con imposición das custas deste recurso á parte apelante.

E ó xulgado de procedencia, líbrese a certificación correspondente con devolución dos autos que remitiu.

Así, por esta nosa sentencia, da que se levará certificación ó rolo de apelación civil, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste, expido e asino este edicto na Coruña, once de marzo de dous mil dous.

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE ARZÚA